Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Moita oferta atlética no último mes do ano

Noticias FGA

Moita oferta atlética no último mes do ano

Co ambiente de Nadal ateigando practicamente xa todos os recunchos, comezamos o último mes do ano con numerosas e interesantes propostas competitivas que forman parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
Para comezar e a nivel de Campionatos de Galicia e probas de pista cuberta, as citas máis importantes serán as Fases da VII Liga ABANCA que xuntará a un importante número de equipos participantes na procura da súa clasificación para a gran final do 22 de decembro na Pista Cuberta de Ourense. Este mesmo escenario será testigo do Campionato autonómico de Probas Combinadas Máster individual e por Clubs que durante os días 29 e 30 de decembro pecharán o ano.
Mención especial teñen as probas San Silvestres que cada ano contan cun maior número de afeccionados e entre as que cabe citar:  VI San Silvestre Concello de Fene VIII San Silvestre Pontesa San Silvestre Ourensá 2018 e a II San Silvestre de Monterroso
Continuando ca programación, os amantes do Campo a Través tamén terán posibilidade de tomar parte nalgunhas das probas organizadas e que serán as de o XXIII Cros Guillelme Brown, o  VII Cros Río Liñares, e o  XVIII Cros Andrés Abanqueiro. As fases do Deporte Escolar dos Xogade continuarán ca súa actividade tanto en Lugo, Santiago, Ferrol como en Ourense
Non deixamos pasar por alto, malia as datas do ano, as probas de pista ó aire libre e na que contaremos co IV Torneo Solidario de Nadal Celta de Atletismo, o IV Circuíto de Pista Concello de Vigo, e o IV Trofeo Nadal Verxel Nutrición Deportiva en Lugo
Importante e destacada presenza de galegos e galegas nas citas nacionais e internacionais
En canto a actividade de campionatos nacionais, teremos unha importante presencia galega que arrincará o día 8 co V Campionato de España de Trail Absoluto e Máster en Ceheguín, así como co Nacional de Marcha de Promoción en Guadix. Esta mesma especialidade terá o día 16 o seu Nacional de Marcha Máster en Xetafe.
Por último, pechamos a axenda do último mes do ano ca proba máis importante do calendario a nivel internacional como é o XXV Campionato de Europa de Campo a Través a celebrar na localidade holandesa de Tilburg. A ela acuden as galegas Solange Pereira e Carmela Cardama, así como os galegos Sub23 Adrián Ben e Tariku Novales. O xuíz nivel III Guillermo Sandino, acudirá de igual modo, como membro integrante da expedición oficial.