Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Diversión, lecer, solidariedade e deporte para pechar o ano

Noticias FGA

Diversión, lecer, solidariedade e deporte para pechar o ano

Hoxe imos falar das orixes dunha das probas clásicas por estas datas máis importantes do escenario atlético de ruta, as San Silvestres. 
Discorriría o ano 270 cando viu a luz o que sería un dos Papas, segundo os cronistas, con máis humildade e caridade de todos cantos se coñecen. Dende moi novo, destacaría por estas e outras virtudes en parte grazas á formación recibida polo presbítero romano Cirino, cuxos ensinos farían del un personaxe moi popular na época. Investido Papa no ano 314, estaría ó fronte da iglesia ata o 31 de decembro do ano 337 no que finaría, convertíndose precisamente esta data na que se elixiría para homenaxear ó Santo Pai coñecido co nome de Silvestre.
Continuando ca nosa historia, habería que agardar un bo número de séculos para que un xornalista brasileiro e amante do atletismo, chamado Casper Libero, de visita por Francia, quedara abraiado ó contemplar unha carreira nocturna na que os seus participantes percorrían as rúas da súa capital parisina portando fachos. A idea xurdiu de súpeto, e xa ó ano seguinte convertido en director do xornal Gaceta Esportiva de São Paulo, impulsaría unha carreira para despedir o ano, tomando para elo o nome do Santo Silvestre. Inmediatamente, e logo de varios cambios e modificacións o longo dos anos, a idea xerminou de tal maneira, que sería copiada e adaptada por múltiples países.
En España chegaría no ano 1964, sendo un entusiasta galego, Antonio Sabugueiro quen impulsaría esta iniciativa organizando na capital do Estado a I San Silvestre Vallecana, decana e referente de todas cantas acontecen no noso país.
En Galicia impulsaríanse varios anos despois, e malia que nalgúns casos comezarían de maneira intermitente, a súa implantación sería definitiva xa a mediados e finais dos anos 70.
Importante oferta de probas oficiais na nosa comunidade
Malia que as motivacións personais son ben distintas, a tónica dominante de todos cantos participan é a que impulsaría no seu día Casper Libero, non sendo outra que a de despedir ó ano da maneira máis divertida, festiva e deportiva posible e que pasa casi xeneralmente por adoptar calquer tipo de disfraz ou vestimenta o máis creativa e ocurrente posible. O espazo de solidaridade e recadación para os máis necesitados non está rifado co lecer, pasando da mesma maneira a formar parte da axenda destas probas en moitos casos.
É precisamente esta filosofía a que perseguen as sete San Silvestres incluidas no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo que darán comezo xa o día 29 ca VI San Silvestre Concello de Fene. Un día despóis, o 30, desenvolverase  II San Silvestre Concello de Ordes, para dar paso ó ultimo día do ano ó resto de probas comezando pola VIII San Silvestre Pontesa, a San Silvestre Ourensá, a II San Silvestre de Monterroso, a San Silvestre Compostelá, e a San Silvestre Betanceira.