Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- Ourense vibrou cun fantástico campionato

Noticias FGA

Ourense vibrou cun fantástico campionato

Remataría no día de hoxe a edición número trixésimo cuarta correspondente ó Campionato de Galicia de Pista Cuberta na que os bos rexistros e a emoción estarían presentes ó longo das dúas xornadas desta importante cita autonómica que pecharía con catro novos récords autonómicos (un igualado)
Por sectores e comezando ca velocidade, Javi García imporíase nunha emocionantísima final dos 60 m. a Javi Cancela por tan só unha centésima, marcando o atleta do Lugo RC Ramos Loures 7.00 polos 7.01 do santiagués. Na categoría feminina “explosión” da santiaguesa do Fontes do Sar Sub18Nerea Iglesias quen tomaba parte tanto nos 60 m. como nos 200 m. Nestas distancias non só imporía o seu dominio, que fan dela a líder da velocidade curta galega, si non que ademáis a marca acreditada nos 200 m. de 25.48 representa un novo récord galego Sub18, igualando de igual modo o seu propio tope autonómico dos 60 m.l. con 7.79 acadado a semana pasada nesta mesma instalación o que a convirten na clara protagonista destos campionatos.
O coruñés do Playas de Castellón, Mauro Triana competindo pola rúa exterior, establecería un formidable rexistro de 21.48 sobre os 200 m. que o deixarían as portas do récord galego que él mesmo ten de 21.45, e que o convirten no líder claro do ranking nacional da proba así como un dos serios aspirantes ó título nacional absoluto do vindeiro día 16 e 17 de febreiro en Antequera.
De novo Paula Iglesias do Riazor Coruña protagonizaría unha das sorpresas do campionato ó establecer na proba dos 400 m. un novo récord galego Sub23 cun rexistro de 55.11 que melloran en 24 centésimas o récord que ela mesma tiña dende o ano pasado, e que confirman á atleta coruñesa como unha das grandes especialistas nacionais da especialidade ó situala de segunda no ranking nacional da súa categoría.
Nos homes Sergio Teixeira do Coruña Comarca lograría o seu primeiro título autonómico na distancia dos 400 m. cuns moi interesantes 49.22 (MMP) sendo segundo David Abalde que tamén baixaría da barreira dos “cincuenta” con 49.65.
Os valados tiveron acento lucense como ven sendo habitual nos últimos tempos. Miguel Pérez do Lucus Caixa Rural proclamaríase campión galego con 8.24 (MMT) mellorando os 8.34 que tiña dende fináis de decembro, correspondendo o título feminino para Uxía Pereira da Atlética Lucense que baixaría dos nove segundos con 8.92
Continuando co medio fondo, a mundialista Solange Pereira que viña de competir o día anterior en Valencia acadando a mínina europea para Glasgow na proba dos 1.500 con 4:10.39, non quixo perder a cita autonómica tomando a saída sobre os 800 m. que remataría cun rexistro de 2:06.95, ocupando o segundo lugar a tamén internacional Sub20 Lucía Sicre do Ría Ferrol quen cun excelente crono de 2:15.07 sitúase nos primeiros lugares do ranking nacional na súa categoría. En homes, salientable a actuación do Sub20 Elian Numa López do Coruña Comarca, quen entraría en meta cun importante rexistro de 1:53.25 (MMP) que de igual modo,  colócano nos postos altos do ranking nacional da súa categoría
Na proba raiña do medio fondo, os 1.500 m., Alejo Ares do ADAS Proinor en excelente estado de forma, lograría o triunfo cun rexistro de 3:57.30 polos 4:02.57 dun dos a priori favoritos, Gonzalo Basconcelo. Nas mulleres emoción e calidade de Alice Marie Genevieve do A.F.Celta na procura da súa selección con Francia para tomar parte nos europeos de Glasgow . O seu rexistro de 4:17.45 si ben é mínima, non lle permite a súa presencia. No tocante a actuación das galega, o novo valor emerxente da distancia, a gimnástica Sub18 Paula de la Torre imporíase cun bo rexistro de 4:50.10 ocupando a segunda posición Sandra Mosquera a tres segundos da campioa.
Na carreira de fondo dos 3.000 m. púdose presenciar a veteranía e calidade de Manuel Hurtado,quen “debutaría” ós seus 35 anos nun galego indoor, sumando un título máis no seu palmarés con 8:21.39 e igualando a súa MMP. Nesta mesma distancia o atleta Sub18 El Mehdi El Nabaoui do C.D. San Paio A Estrada deixaría unhas excelentes sensacións, acadando o terceiro lugar no absoluto ó establecer un rexistro de 8:29.24 que o colocan de maneira moi destacada ó fronte do ranking nacional da súa categoría.
Uxía Pérez Bugarín protagonizaría unha interesantísima e emocionante carreira nos 3.000 m. que lle darían a medalla de ouro con 10:03.26 por diante de Laura Santos do Lucus de a tamén lucense Sub14 Xela Martínez quen establecería un formidable rexistro de 10:14.10
Xa nos concursos e comezando cos saltos, a pértega masculina tería un claro dominador enMiguel Cajaraville do R.C. Celta impoñéndose con 4.61 m. a un Santi Ferrer que chegaría ata os 4.51 m. sendo en mulleres Bea Viteri quen cumpliría os pronóticos ó rebasar o listón a 3.61 m. Na altura os protagonistas serían os atletas de combinadas Lucía Seijas da E.A. Lucense e o internacional do Celta Adolfo Sáinz Maza os dominadores  logo de impoñerse con 1.62 m. e 1.91 m. respectivamente.
Un dos principais focos de atención estaría no corredor de lonxitude onde tomaría parte o olímpicoJean Marie Okutu quen chegaría ata os 7.59 m. mellorando a súa MMT de 7.34 m. o que lle permite liderar o ranking nacional absoluto. Neste mesmo concurso, pero na categoría feminina, a Sub20 internacional do A.F. Celta  Olaia Guisela Becerril, marcharía ata os 5.80 m. do seu quinto salto, mellorando en 40 cm. a súa MMT e escalando postos ata o terceiro lugar do ranking nacional da súa categoría.
O concurso de triplo tería de novo a Sub16 Alba Cuns do Atletismo Negreira, a súa principal protagonista xa que ademáis de acadar o título galego absoluto con 11.72 m. lograría un novo récord galego da súa categoría ó mellorar os 11.69 m. que ela mesma tiña dende o pasado 12 de xaneiro e que confirman a esta talentosa saltadora, como unha das “revelacións” da tempada. Nos homes, Anxo Blanco da Gimnástica tería que agardar ata o seu último salto para mellorar por seis centímetros os 14.69 m. do segundo intento de Alberto Elena do Celta, quen non completaría por problemas físicos o seu concurso de triplo.
Para rematar, o lanzamento de peso daría un novo título a Víctor Gallego da Gimnástica, que segue a incrementar a súa lenda que o confirman como o atleta galego con máis títulos autonómicos da historia. Desta vez gañaría con 16.31 m. do seu último lanzamanto. Xa en mulleres, victoria paraRaquel Villa do A.F. Celta quen acreditaría 11.32 m. polos 11.22 m. da xavelinista internacional da Gimnástica Andrea González.