" RESULTADOS 4º CONTROL DELEGACIÓN DE LUGO 2021"
Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo)
A competición de Lugo celebrada onte, día 4 de decembro, déixanos as seguintes marcas dos nosos atletas:
- Bruno Castro Pereira fixo unha marca de 4m na proba de lonxitude.
- Adriana Castiñeira realizou unha marca de 1.38m na proba de altura, mellorando así a súa anterior marca. Desafortunadamente, na proba de 500m tivo que abandonar.
- Irma Veiguela Tizón realizou unha marca de 1.35m na proba de altura, mentres que na proba de 500 metros acadou unha marca de 1:26.4 min.
- Carmen Grandal Ardao conseguiu unha marca de 1:29.7 min na proba dos 500 metros.
- Daniela Calvo Prados fixo unha marca de 1:40.5 nos 500m.
Resultados módulo cuberto
Resultados aire libre
"RESULTADOS I CONTROL DE INVERNO"
Pistas Universitarias de A Coruña
Por outra banda, nas Pistas Universitarias de A Coruña, as nosas atletas realizaron as seguintes marcas:
- Noa Seoane Rubiños conseguiu unha marca de 9.51s na proba dos 60ml, quedándose moi preto da súa mellor marca.
- Alicia Jove Novo acadou unha marca de 1:35:57 min na proba de 500 metros, preto tamén da súa mellor marca.
- Lara Fernández López fixo unha marca de 3:33:81 min na proba de 1000ml.
Resultados I Control Inverno A Coruña
Fantástica fin de semana para os nosos nenos e as nosas nenas, deixando un bo sabor de boca despois de tanto tempo sen competir.