Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Ata 5 mínimas nacionais acadadas esta fin de semana

Este sábado disputouse na Pista Cuberta de Ourense a "XVI Copa Xunta de Galicia de Clubs" onde as nosas balas vermellas deixáronnos unha magnífica actuación, loitando ata o final e conseguindo un maravilloso 3er posto. Ademáis, ata catro atletas fixeron a mínima para os seus respectivos campionatos nacionais de pista cuberta. 

Por un lado, Carolina Santos nos 800ml, Alicia Barreiro nos 400ml e Carmen Carrera nos 1500ml fixeron a mínima para o Campionato de España sub18. Por outra banda, Diaou Diallo fixo a mínima no triple salto para o Campionato de España sub20.

Primeira competición de clubes superada con éxito. Gracias por facernos vibrar ata o último momento, por percorrer cada metro da pista, cada salto e cada lanzamento coa intención de deixarvos a pel pasase o que pasase.  Que o vivido o sábado sexa un aprendizaxe máis, esto só acaba de comezar. ¡Noraboa, chicas!

Desde Ourense viaxamos ata Puertollano coa participación de Celia Muñoz de Morales Castro no "Campeonato Regional de Castilla-La Mancha de PC" na proba de 60ml, proclamándose subcampioa rexional cunha marca de 7.97s. ¡Noraboa, Celia!

Dende Zaragoza chegaría a 5ª mínima para un campionato nacional esta fin de semana. No "Trofeo Ibercaja Ciudad de Zaragoza PC" Elena Llobera saltou 6.09m, conseguindo así o billete directo para o Campionato de España absoluto de PC. 

Por outra parte, en Sabadell organizouse o "Control Absolut Pista Coberta" no cal as nosas cores tamén deixáronse ver na proba dos 400ml da man das nosas atletas Laura Alonso da Costa Ona Alonso Camps cunhas marcas de 56.41s 1'02.69s, respectivamente.

Diana Jiménez competiu na "Reunión FAM 6" celebrada en Gallur acadando unha marca de 3.55m na proba de salto con pértega.

Volvendo as nosas terras, volvendo a Ourense, lugar onde comezou esta crónica e onde disputouse tamén  Control de Inverno de PC, poñemos punto e final a esta excelente fin de semana de pista cuberta coa participación no mesmo da nosa atleta Antía Martínez Queimaño na proba dos 60 metros valos conseguindo unha marca de 9.26s.

En Lugo celebrouse esta fin de semana a "XII Copa Deputación" cunha ampla participación das nosas balitas. Na proba de 800ml participaron Joel Novoa Ricardo Negrete  acadando unha marca de 2'11''72 e 1'59''17, respectivamente. En 400ml correu Adrián Rivadulla realizando unha marca de 54.85s e Marcos Pérez cunha marca de 58.68s. Na proba de fondo dos 3000 metros lisos tomaron a saída Diego Sánchez Sergio Rafales cruzando a línea de meta en 10'14''91 e 10'55''66, respectivamente. Laura Rico lanzaría a xavelina ata ata os 35.16m. Brais Troitiño acabaría os 1000ml cunha marca de 4'36''06. Na proba de 500ml sub14 partivipou Sara Martínez conseguindo un tempo de 1'51''46Noa Sánchez acadaría unha marca de 52.27s nos 300ml-

Por outro lado, no módulo cuberto competiu Bruno Castro nos 60ml facendo unha marca de 8.49s. Na mesma proba, pero en categoría femenina, tivemos a participación de Julia Casal en 9.60s, Olga Sánchez en 9.64s  e Carmen Díaz facendo unha marca de 9.87s.

E, como non podía ser doutra maneira, rematamos a fin de semana competitiva correndo polas rúas da nosa cidade na "XXXVIII Carreira Popular San Xiao" organizada polo Concello de Ferrol onde tiveron o protagonismo as nosas pequenas balitas destacando a 3ª posición acadada por Lucas Jiménez na categoría sub10 masculina. En categoría sub12 o terceiro posto conseguido por Hugo Vueiguela. Na mesma categoría pero no apartado das mulleres o podium estivo composto polas atletas Lara Fernández, Carla Rioseco e  Alicia Jove. Na categoría sub 14 a primeira posición foi para Irma Veiguela e, por último, na categoría sub18 Joel Novoa conseguía o 2º posto da categoría.

¡Vaia comezo de tempada! A seguir así, as balas vermellas temos mecha para rato. ¡Que non pare a festa!