Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

A boa dinámica das nosas e dos nosos atletas segue presente: ata 12 medallas autonómicas en un posto de semifinalista nacional se conseguiron nesta fin de semana.

Durante todo o día do sábado levouse a cabo en Ourense o “Campionato Galego sub18 de PC” onde tivemos unha boa actuación dos/as nosos/as atletas:

En categoría masculina, Marcos Pérez acadou unha marca de 25’’77 en semifinais, mentres que na proba de 400ml conseguiu parar o crono en 56’’19 rematando en 12ª posición. Na proba de 800ml Ricardo Negrete fíxose co título de Campión Galego cunha marca de 1:57.54 mentres que Adrián Rivadulla acadaría o tercer posto cun tempo de 2:02.06. e Joel Novoa cruzaría a línea de meta cun tempo de 2:10.19 en 11ª posición e, nos 1500ml, Sergio Fernández acabou en 11ª posición cun rexistro .de 4:47.58. En 3000ml Diego Sánchez rematou en 9ª posición cunha marca de 10:18.19.

Así mismo, en categoría femenina, Lucía Blanco correu os 60 metros valos realizando unha marca de 9’’81 en semifinais e na final parou o crono en 9’’54 conseguindo subirse ao tercer caixón do pódium. Na proba de 200ml fixo un rexistro de 27’’88 en semifinais e 27’’99 na final, conseguido o 7º posto. Por outro lado, Alicia Barreiro conseguiu o título de Campioa Galega na proba de 400ml cunha marca de 58’’38, mentras que, Carolina Santos quedou en 2ª posición na proba de 800ml cunha marca de 2:19.76 e Carmen Carrera acadou tamén o 2º posto cunha marca de 5:10.43 na proba de 1500ml.

Nese mesmo día, pero só en xornada matinal, celebrouse en Lugo a “XII Copa Deputación de Lugo – 4ª Xornada” onde en categoría sub 10 Laura Fernández Pérez e Noelia Cabrero Bouza participaron na proba de 500ml e cruzaron a línea de meta en 1:49.7 e 2:03.7, respectivamente. Tamén participaron en lanzamento de peso, onde Noelia conseguiu unha marca de 3.46m, mentras que Laura lanzou 2.38m. En categoría masculina, Lucas Jiménez Vilches parou o crono en 1:49.9 e Mario López Piñón faría o mesmo en 2:18.4 na proba de 500ml. Por outra parte, en categoría sub 12 Hugo Veiguela Tizón participou na proba de 60ml realizando unha marca de 9’’89, mentras que en mulleres, Pilar Sánchez Paz parou o crono en 10’’60. Xa en categoría sub 14 participou Irma Veiguela Tizón na proba de 60ml facendo unha marca de 8’’64.

En Salamanca celebrouse durante todo o fin de semana o "Campeonato de España sub23 de PC" onde o sábado disputou a proba de 60ml a nosa atleta Inés Celorio realizando en eliminatorias un rexistro de 7’’86 que lle permitiu acceder a semifinais, onde conseguiría unha marca de 7’’85, quedando en 12ª posición.

E, para rematar o sábado, en Valencia tivo lugar o "Campeonato Autonómico Absoluto de PC" onde a nosa atleta Marta Pla proclamouse Subcampioa Valenciana Absoluta na proba de 400ml. Así mesmo, paralelo a este campionato, celebrouse un Control RFEA de PC onde, por un lado, Rocío Díaz participou na proba de salto de altura acadando un mellor salto de 1.63 m e, por outro, Celia Muñoz correu os 60 metros lisos realizando un rexistro de 7’’92.

Por se non tivésemos suficiente, o domingo trouxéronnos máis alegrías xa que non deixaron de sair bos resultados. 

Comezando en Lourenzá (Lugo), onde disputouse o “Xogade – Campo a Través – Campionato de Galicia”, Lara Fernández e Carla Rioseco acadron a 1ª e 3ª posición respectivamente, Noa Seoane acabou en 5ª posición, Alicia Jove conseguiu o 7º posto e Adriana Sedes e Gala Fernández remataron a proba en 15ª e 26ª posición. A gran actuación de todas elas levounas, unha vez máis, ata o caixón máis alto do pódium en categoría sub12 feminina. Así mesmo, Hugo Veiguela acadou a 20ª posición na categoría sub12 masculina e, súa irmá Irma Veiguela conseguiu o 6º posto na proba sub14 feminina. Por último, Aroa Amado participo una proba sub16 feminina acadando a 30ª posición.

Por outro lado, en Ourense  celebrouse o “Campionato Galego sub20 de PC” en Ourense onde María Blanco competiu na proba de salto con pértega conseguindo o 2º posto cunha marca de 2.56m e Xiana Lago fíxose co titulo de Campioa Galega na proba de lanzamento de peso cunha marca de 12.23m. Así mesmo, fora de concurso participaron Antía Martínez na proba de 60 metros valos realizando unha marca de 9’’13 e Carolina Santos na proba de 3000ml cun rexistro de 10:49.64.

Ademáis, en Sabadell celebrouse un control Absoluto de PC onde a nosa atleta Laura Alonso parou o crono en 55’’94 na proba de 400ml.

¡Que as alegrías non paren! ¡Noráboa a tod@s un fin de semana máis!