Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Dous postos de finalista, un récord autonómico e dous marcas persoais no nacional absoluto de Ourense

Esta fin de semana Ourense foi o epicentro do atletismo nacional ao celebrar o Campeonato Nacional Absoluto de PC onde tivemos unha boa actuación das nosas atletas.

Por un lado, Talía Mara Pérez demostrou o bo estado de forma co cal chegou a dita cita ao pulverizar o seu récord de Asturias nas rondas eliminatorias de 200ml realizando un tempo de 24’’29 que levouna directa a semifinais. Non contenta con iso, nas semifinarias faría un rextistro de 24’’34, moi preto da súa mellor marca, e conseguiría o premio tan desexado de estar pelezando coas 8 mellores de España na final, onde acabaría en 7ª posición cun tempo de 24’’75. Por outro lado, Irene Bonafonte correu as semifinais de 1500ml cunha marca de 4:27.48 que serviulle para ganar a súa serie e obter unha plaza fixa na final nacional, onde quedou, tamén, en 7ª posición cun rexistro de 4:32.17.

Así mesmo, Paula González quedou 5ª da súa serie de 60 metros valos en primeira ronda cun tempo de 8’’72, preto da súa mellor marca. Marta Pla competiu nas semifinais de 800ml onde acabou en 6ª posición da súa serie realizando unha marca de 2:11. Elena Llobera acadou un magnífico 5º posto na proba de salto de lonxitude conseguindo unha marca persoal de 6.09m. E, no mesmo foso, Diaou Diallo, pese a que non se atopou cómoda ao longo da proba de triplo salto conseguiu unha 9ª posición nun nacional absoluto cunha marca de 12.37m. 

Entre medias, celebrouse en Cataluña o Campionato autonómico sub20 na Pista de Atletismo de Sabadell onde a nosa atleta Ona Alonso Camps conseguiu facerse có titulo de Campioa Catalana na proba de 800ml cun rexistro de 2:17.43. Ademáis, en Valencia celebrouse un control de 60ml dentro do "Campeonato provincial sub18 y sub20" onde competiu a Celia Muñoz realizando unha marca de 7''81.

E, por último, a nosa atleta Antía Sestelo participou na 3ª Xornada de Lanzamentos celebrada en Vilanova da Cerveira na proba de lanzamento de xavelina (600gr) acadando unha marca de 36.22m.

¡Noráboa a todas!