Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Tres importantes citas esta fin de semana para as nosas atletas nas súas respectivas categorías.

"XLIX Campeonato de España sub20 en Pista Cubierta"

Antequera (Málaga)

12-13 de marzo de 2022

A localidade malagueña de Antequera acolle esta fin de semana o Campeonato Nacional sub20 de PC onde teremos a catro atletas do noso clube.

  • Diaou Diallo participará na proba de triple salto.
  • Ona Alonso estará na proba de 800ml.
  • Paula González correrá os 60 metros valos.
  • Xiana Lago lanzará na proba de lanzamento de peso.

Todo o campionato se poderá seguir a través do canle LaLigaSportsTV.

"XV Campionato Xunta de Galicia sub10 - sub12 - sub14 en Pista Cuberta"

Ourense

Sábado 12 de marzo 2022

O sábado disputaráse en Ourense o Campionato Galego de categorías menores onde teremos representación da nosa canteira.

Por un lado, en categoría feminina sub10 participará Laura Fernández na proba dos 500ml. Por outro, en categoría sub12 participará Lara Fernández nos 1000ml, mentres que nas probas de 60ml 500ml correrán Noa Seoane Alicia Jove

E, por último, en categoría masculina  sub14 teremos a Bruno Castro  nas probas de 60ml lonxitude, mentres que en categoría feminina sub14 participará Irma Veiguela nas probas de 60ml 500ml.

"Campeonato de España CSD Campo a Través"

Cerro de los Ángeles, Getafe (Madrdi)

Domingo 13 de marzo de 2022

O domingo dispútase o Campeonato de España CSD Campo a Través por autonomías en Getafe, onde a selección galega sub18 contará con 3 atletas do noso clube. Por un lado, en categoría masculina estará Ricardo Negrete e, por outro, en categoría feminina, a selección autonómica contará coa presenza de Carolina Santos Carmen Carrera.

A competición poderáse seguir a través do canle LaLigaSportsTV.

¡Moita sorte a tod@s!