Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

As nosas atletas consiguen dúas medallas nacionais e varias autonómicas nas súas respectivas categorías.

Este sábado celebrouse o Campionato Galego en categoría sub10, sub12 e sub14 en Ourense onde o noso clube estivo representado por varias atletas da nosa canteira que obtiveron os seguintes resultados.

Por un lado, Laura Fernández rematou en 11ª posición na proba dos 500ml en categoría sub10 cun tempo de 1:52.56. En categoría sub12, Lara Fernández proclamouse Campioa Galega na proba de 1000ml parando o crono en 3:31.38. Noa Seoane acadou o 3er posto nos 60ml cun tempo de 9’’03, mentres que a súa compañeira Alicia Jove acabou en 15ª posición cun tempo de 9’’40. Así mismo, as dúas competiron tamén na proba de 500ml conseguindo o 1er e 7º posto cun tempo de 1:29.16 e 1:34.52 respectivamente.

Ademáis, en categoría sub14, Bruno Castro acadou a 5ª posición nos 60ml cun tempo de 8’’50 e na proba de lonxitude rematou no 4º posto realizando un salto de 4.47m. Mentras, a súa compañeira Irma Veiguela conseguiu o 4º posto tanto nos 60ml cun rexistro de 8’’62 coma na proba de 500ml, onde parou o crono en 1:23.01.

Dende Ourense voamos ata a localidade malagueña de Antequera, onde esta fin de semana disputouse o Campeonato de España sub20 de Pista Cubierta onde as nosas atletas loitaron ata o final nas súas respectivas probas obtendo bos resultados.

Paula González correu as series de 60 metros valos onde acadou o segundo posto cunha marca de 8’’64 conseguindo así a clasificación directa para semifinais. Xa en semifinais, conseguiu mellorar marca ao realizar un tempo de 8’’59 que lle permitiu acceder directamente á final, onde acabaría conseguindo o 5º posto cun tempo de 8’’62.

Por outro lado, Ona Alonso correu as semifinais dos 800ml quedando en terceira posición da súa serie cun tempo de 2:17.18, mellorando así a súa mellor marca da tempada e moi preto da súa marca persoal.

Diaou Diallo acadou a 3ª posición na proba de triple salto ao realizar unha marca de 12.80m nun concurso bastante regular por parte da nosa atleta.

E, por último, Xiana Lago conseguiu proclamarse Campioa de España na proba de peso cun lanzamento de 12.05m.

Ademáis, o domingo celebrouse o Campeonato de España CSD de Campo a Través sub16, sub18 e Inclusivo por autonomías en Getafe onde tivemos a representación de Ricardo Negrete coa selección galega sub18 conseguindo o posto 44 da clasificación realizando un tempo de 21:28 nos 6,2km de percorrido e conseguindo a 6ª posición nacional por equipos. Así mesmo, Carmen Carrera Carolina Santos competiron en categoría sub18 feminina acadando o 74º e 75º posto da clasificación realizando un tempo de 27:37 e 27:38, respectivamente, nos 6,2km de percorrido e conseguindo a 11ª posición coa selección galega.

Xa en terras galegas, o domingo disputouse a "IX Carreira Popular AECC En Marcha contra o Cancro, Corre por Ferrol" sobre unha distancia de 5km aprox. onde tamén tivemos representación do noso clube. En categoría sub16-18 masculina Marcos Pérez Calvo conseguiu o 2 posto cun tempo de 18:15, mentres que o tercer posto sería para o seu compañeiro Joel Novoa Gayoso cun rexistro de 18:27. Diego Sánchez Aneiros e Sergio Fernández Rafales acadaron o quinto e sexto posto cun tempo de 19:03 e 19:58, respectivamente. En categoría sub 16-18 feminina, Aroa Amado Prieto consiguiu o primer posto cun tempo de 22:24. E, por último, en categoría sub 20-23, Lucía Sicre Maside acadou o segundo posto cun tempo de 20:30.

E como broche final para rematar o fin de semana con bó sabor de boca, celebrouse na tarde do domingo o Cto. Xunta de Galicia de Lanzamentos Longos de Menores (Sub 16.18 e 20) en Pontevedra, no que participou a nosa atleta Laura Rico Bouza na proba de xavelina sub18,  conseguindo un lanzamento de 35,51 m. e proclamándose Campioa Galega.

¡Parabén a tod@s!