Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Boa actuación da nosa canteira na primeira proba de aire libre

Onte dispoute a 1ª Xornada de Atletismo en Pista de categorías menores en Coruña onde a nosa canteira obtivo os seguintes resultados.
 
En categoría sub10:
 
  • Sarah Lema acadou a 6ª posición na proba de onxitude cun salto de 2.31m mentres que na proba de 50ml quedou en 5ª posición na serie E cun tempo de 10’’14.
  • Cayetana Rey, Laura Fernández e Lara Pita acadaron a 2ª, 3ª e 4ª posición na proba de 500ml cun tempo de 1:58.50, 1:59.10 e 2:05.18, respectivamente. En lanzamento de pelota Laura Fernández quedou en 4ª posición cunha marca de 12.70m, Cayetana Rey acabou en 6ª posición cun rexistro de 10.50m, Uxía Santana rematou en 8ª posición cun lanzamento de 10.01m e Lara Pita acadou a 11ª posición cunha marca de 8.62.
  • Na proba de 50ml masculino Daniel Fachal e Diego Couselo conseguiron a 3ª e 5ª posición da serie C cun tempo de 9’’14 e 9’’76. Na serie D, Juan Ramón conseguiu o 1º posto cun tempo de 9’’29. E, por último, na serie E competiu Mario López conseguindo o 7º posto cunha marca de 10’’75.
  • Na final B de lonxitude, Juan Ramón acabou en 15ª posición cunha marca de 2.15m, Diego Couselo rematou en 16ª posición cun rexistro de 2.08m, Daniel Fachal faría unha marca de 2.05m conseguindo a 17ª posición e Mario López acabou en 20ª posición cun rexistro de 1.59m.
  • Na final A dos 500 ml Lucas Jiménez e Martín Castiñeira conseguiron a 2ª e 3ª posición cunha marca de 1:46.66 e 1:51.58, respectivamente. Na final B Marcos Mauriz fíxose coa 1ª posición cun tempo de 1:45.36. E, por último, na final C Fernando Arias rematou en 9ª posición cun tempo de 2:17.56.
  • En lanzamento de pelota na final B Lucas Jiménez conseguiu a 3ª posición cun lanzamento de 18.69m, Martín Castiñeira acabou en 4ª posición con 15.67m, Marcos Mauriz rematou en 6ª posición cun rexistro de 14.56m, Ángel Martínez finalizou en 12ª posición cunha marca de 12.24m e Fernando Arias fixo o mesmo en 17ª posición con 6.31m.
  • O relevo femenino 4x50m acabou en 4ª posición na súa seria cunha marca de 38’’84 e en categoría masculina conseguiu a 3ª posición na súa serie cun tempo de 39’’26.
 
En categoría sub12:
 
  • Na proba de 60ml femininos na final N Claudia Garrido acadou a 1ª posición cun tempo de 9’’2, Manuela Baeza quedo en 2ª posición cunha marca de 9’’5, Lara Fernández en 3ª posición con 9’’7 e Gala Fernández acadou en 4ª posición con 10’’1. 
  • Na final O participaron Adriana Sedes e Pilar Sánchez quedando en 2ª e 3ª posición cunha marca de 10’’00 e 10’’2, respectivamente. 
  • Na proba de lonxitude na final B Alicia Jove quedou en 1ª posición cun salto de 3.62m, Claudia Garrido acabou en 2ª posición cunha marca de 3.45m, Lara Fernández rematou en 5ª posición con 3.17m, Manuela Baeza quedou en 6ª posición cunha marca de 3.17m e Pilar Sánchez rematou en 11ª posición cunha marca de 2.82m. 
  • Na final B dos 500ml Alicia Jove e Adriana Sedes quedaron en 1ª e 2ª posición cunha marca de 1:34.8 e 1:45.1, respectivamente. Así mesmo, Gala Fernández quedou en 4ª posición cun tempo de 1:49.2.
  • O relevo femenino 4x60m acabou en 3ª posición cun tempo de 38’’6.
  • Arsenio Romero compeitu na final M dos 60ml quedando en 3ª posición cun tempo de 9’’9, mentres que nos 500ml quedou en 8ª posición na final B cun tempo de 1:51.6. Así mesmo, Hugo Veiguela conseguiu o 4º posto nos 500 ml tamén na final B cun tempo de 1:44.0 e na final B de lonxitude acabou en 8ª posición cunha marca de 3.49m.
 
En categoría sub14:
 
  • En tetratlhón femenino Virginia Blanco acabou en 7ª posición cunha marca de 1196 puntos, Adriana Castiñeira acabou en 8ª posición cunha puntuación de 1167 puntos, Daniela Calvo quedou en 9ª posición con 1087 puntos, Marina Blanco conseguiu a 14ª posición con 971 puntos e Julia Casal rematou en 17ª posición con 912 puntos. En categoría masculina, Bruno Castro rematou en 1ª posición con 1217 puntos.
 
¡Noráboa a tod@s!