Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

A nosa canteira consegue bos resultados na última xornada de Atletismo en Pista de en categorías menores de XOGADE

O sábado 30 de abril dispoute a 3ª Xornada de Atletismo en Pista de categorías menores en Coruña onde a nosa canteira obtivo os seguintes resultados.

En categoría sub10:

  • Sarah Lema e Noa Bermejo competiron nos 1000m marcha quedando en 3ª e 4ª posición respectivamente cun tempo de 10:04.40 e 10:45.05.
  • Na proba de salto de lonxitude feminina competiron Laura Fernández  quedando en 4ª posición cunha marca de 2.62m. En categoría masculina, na final C Marcos Mauriz fíxose co 1º posto cun salto de 2.95m, mentres que o seu compañeiro Fernando Arias acadou a 5ª posición cunha marca de 2.17m.
  • Na proba de salto de altura feminina Noelia Cabrero e Sarah Lema acadaron a 2ª e 3ª posición cunha marca de 0.85m e 0.80m, respectivamente. En categoría masculina, Lucas Jiménez quedou en 2ª posición cun salto de 1m mentres que o seu compañeiro Martín Castiñeira acabou e 7ª posición cunha marca de 0.95m.
  • Na proba de 50m femininos competiron Noa Bermejo e Noelia Cabrero facendo as dúas unha marca de 10’’12 e quedando en 21ª posición. Asimismo, Uxía Santana acabou en 27ª posición cun rexistro de 10’’54. En categoría masculina, Lucas Jiménez e Marcos Mauriz entraron en 2ª e 3ª posición cunha marca de 8’’57 e 8’’58, respectivamente. Juan Ramón rematou en 13ª posición cunha marca de 9’’23 e Fernando Arias acadou a 17ª posición cunha marca de 9’’30.
  • En lanzamento de peso feminino Uxía Santana acabou en 9ª posición cun lanzamento de 3.15m. En categoría masculina, Diego couselo fíxose coa 3ª posición cunha marca de 4.46m e Juan Ramon quedou en 9ª posición cun lanzamneto de 3.46m.
  • En 500ml Martín Castiñeira acadou o 3º posto cunha marca de 1:54.03.
  • Na proba de 1000ml femininos Laura Fernández acabou en 3ª posición cun rexistro de 4:15.80, mentres que na proba masculina Daniel Fachal acabou en 10ª posición cunha marca de 4:13.56.
  • O relevo feminino de 4x50m conseguiu a 4ª posición cunha marca de 40’’02. O equipo masculino acadou a mesma posición cun tempo de 37’’79.

En categoría sub12:

  • En triatlón femenino participaron Claudia Garrido conseguindo a 4ª posición cunha puntuación de 417, Carla Rioseco en 11ª posición con 312 puntos e Adriana Sedes en 16ª posición con 276 puntos.

En categoría sub14:

  • Na proba de 80ml Marta Cuadrado conseguiu a 6ª posición cun tempo de 11’’05, Olga Sánchez acabou en 13ª posición cunha marca de 12’’41, Irene García rematou en 19ª posición cun rexistro de 12’’78.
  • Na proba de lonxitude Irene García finalizou en 8ª posición cun salto de 3.50m.
  • En 500ml Carmen Díaz rematou en 9ª posición cun tempo de 1:39.69.
  • Na proba de 1000ml feminino Irma Veiguela conseguiu a 1ª posición cunha marca de 3:11.90 e en categoría masculina Brais Troitiño rematou en 5ª posición cun tempo de 3:53.01.
  • Na proba de 150ml Irma Veiguela rematou en 1ª posición cunha marca de 20’’44, Olga Sánchez finalizou en 14ª posición cun tempo de 23’’35, Marta Cuadrado acabou con 23’’84 en 21ª posición, Irene García conseguiu un tempo de 23’’80 acadando a 19ª posición, Edurne López rematou en 31ª posición cun tempo de 24’’95 e Sara Martínez conseguiu a 29ª posición cun tempo de 24’’71.
  • En lanzamento de xavelina Olga Sánchez conseguiu a 4ª posición cunha marca de 16.26m.
  • En tetratlón, Adriana Castiñeira acabou en 1ª posición cunha puntuación de 1187 puntos, Daniela Calvo rematou en 2ª posición cunha marca de 1067 puntos e Eugenia Baeza rematou en 4ª posición con 778 puntos.

¡Noráboa chic@s!