Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

A boa actuación das nosas balas na II Xornada de Liga déixanos varias marcas persoais e un pasito máis cerca de manter a máxima categoría nacional un ano máis

Esta fin de semana as nosas balas vermellas desprazáronse a terras valencianas onde celebrouse a II Xornada da Liga Iberdrola de División de Honra na localidade de San Sebastián.

A nivel individual as nosas atletas conseguiron os seguintes resultados:

  • Na proba de 100ml Talia Mara rematou en 3ª posición cun tempo de 11’’98 o que supón mellor marca da tempada. A súa compañeira, Celia Muñóz, acabou en 5ª posición realizando mellor marca persoal parando o crono en 12’’25.
  • Nos 200ml Talia Mara conseguiu a 3ª posición cun tempo de 24’’71 e a súa compañeira Inés Celorio rematou no 7º posto cunha marca de 26’’14.
  • En 400ml, Laura Alonso cruzou a liña de meta en 5ª posición cunha marca de 57’’34, mentres que Alicia Barreiro o fixo no posto 6 cun rexistro de 57’’88, estableciendo así unha nova marca persoal.
  • Na proba de 800ml Marta Pla conseguiu o 3er posto parando o crono en 2:10.71Asimesmo, Ona Alonso cruzou a liña de meta en 6ª posición cunha marca de 2:16.68, o que supón unha nova marca persoal.
  • En 1500ml a victoria sería para Irene Bonafonte cunha marca de 4:32.14 mentres que Irene Barreiro  acabou en 5ª posición cun tempo de 4:42.43, realizando así a marca mínima que lle da acceso directo ao campionato de España sub23.
  • En 3000ml competiron Silvia Guerra Carolina Santos conseguindo a 5ª e 7ª posición parando o crono en 10:13.95 11:04.59, respectivamente.
  • En 100 metros valos Paula González rematou en 2ª posición cun tempo de 14’’29 e Antía Martínez rematou en 7ª posición cunha marca de 18’’02.
  • En 400 metros valos, Lía Caride rematou na a 4ª posición parando o crono en 1:06.11 e Lucía Blanco cruzou a liña de meta en 5ª posición cunha marca de 1:07.26, o que supón nova mellor marca persoal.
  • Na proba de 3000m obstáculos Marina Bagur rematou en 3ª posción parando o crono en 10:42.73 mentres que Sofía Fernández quedou en 8ª posición cun tempo de 11:49.61.
  • Na proba de salto de altura, Rocío Díaz conseguiu a 3ª posición cunha marca de 1.66m Karolina Puchmertlova finalizou en 7ª posición cun salto de 1.30m.
  • En salto con pértega, Diana Jimenez realizou un salto de 3.80m quedando en 2ª posición e estableciendo así una nova marca persoal. A su vez, María Blanco conseguiu a 8ª posición cun salto de 2.60m, convertíndose tamén na súa mellor marca persoal.
  • Na proba de lonxitude, Elena Llobera rematou en 2ª posición cun salto de 6.17m, conseguindo billete directo para o campionato nacional absoluto, mentres que Yaiza Sanz tivo que conformarse coa 8ª posición cunha marca de 5.20m.
  • No triplo salto, Diaou Diallo conseguiu a 2ª posición ao saltar 12.64m, Eva Fernández acabou en 8ª posición cunha marca de 10.83m.
  • En lanzamento de peso Xiana Lago rematou en 3ª posición ao lanzar o artefacto ata os 12.56m, mentres que María Oliva rematou en 7ª posición cunha marca de 9.94m.
  • Na proba de disco, Iris de Castro finalizou en 2ª posición cunha marca de 40.22m Xiana Lago rematou en 5ª posición cun lanzamento de 37.75m.
  • En lanzamento de martelo, María Oliva acabou en 3ª posición lanzando o martelo ata os 44.67m e Iris de Castro conseguiu a 6ª posición cun lanzamento de 24.83m.
  • Na proba de xavelina Laura Rico rematou en 5ª posición cun lanzamento de 35.16m, nova mellor marca persoal, mentres que a súa compañeira Karolina Puchmertlova rematou en 6ª posición cunha marca de 33.96m.
  • Nos 5km marcha Iría Rivas finalizou en 3ª posición cunha marca de 24:27.67, o que supón nova marca persoal, e Marina Pajón acabou en 7ª posición cun rexistro de 29:25.86.
  • Na proba de relevos de 4x100m o relevo formado por Yaiza Sanz, Inés Celorio, Paula González Celia Muñoz rematou en 4ª posición cun tempo de 48’’64.
  • Na proba de 4x400m o relevo formado por Laura Alonso, Marta Pla, Irene Barreiro e Irene bonafonte rematou en 3ª posición cun tempo de 3:51.26.

Así mesmo, na clasificación xeral por equipos e grazas ao boa actuación realizada por todas elas o noso clube acadou a 3ª posición con 157 puntos.

¡Noráboa chicas!