Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Exitosa fin de semana para as nosas atletas

Ao longo desta fin de semana a localidade gaditana de Jerez de la Frontera acolleu o Campeonato Nacional sub18 ata onde desprazáronse tres atletas do clube.

Por un lado, Alicia Barreiro conseguiu o pase directo á final dos 400ml tras acadar a 2ª posición na súa semifinal cun tempo de 56''76 quedándose a tan só 1 centésima do récord galego. Xa na final, quedou en 8ª posición cunha marca de 57''54.

Por outro, Ricardo Negrete competiu na proba de 1500ml onde acadou a 9ª posición na súa semifinal cun tempo de 4:06.68, mentres que na categoría feminina, Carolina Santos rematou en 7ª posición da súa semifinal cun tempo de 4:55.77. Ambos os dous non poideron clasificarse para á final.

Ademáis, o sábado disputouse a "6ª e 7 ª Xornada  Coruña Corre en Pista ao Aire Libre" onde Adriana Suárez acadou 4ª posición en lanzamento de martelo (3kg) realizando marca persoal cun lanzamento de 28.29m, mentres que a súa compañeira  Marta Gómez rematou en 8ª posición cunha marca de 24.24m.

Na proba de 300ml Aldara Ruiz rematou en 5ª posición cunha marca de 47''01 e Noa Grandal finalizou en 13ª posición cun tempo de 52''27.

En 400ml Adrián Rivadulla finalizou en 1ª posición cunha marca de 52''37, o que supón nova marca persoal.

Antía Martínez competiu na proba de 100mv quedando en 2ª cunha marca de 15''28 e, en 200ml, conseguiu tamen a 2ª posición cun registro de 27''21. Na mesma proba, María Blanco rematou en 7ª posición con 29''60.

E, por último, na proba de lanzamento de xavelina 600g Laura Rico rematou en 2ª posición cun lanzamento de 33.72m.

Ao mesmo tempo, en Gavá disputouse a 5ª Reunió de Velocitat Ciutat de Gavà onde estivo presente Ona Alonso na proba de 800 ml, conseguindo a 4ª posición cunha marca de 2:17.43. Mentras tanto, a localidade portuguesa de Braga celebrou o Meeting de Braga 2022 ata onde se desprazou Lia Caride para competir nos 400 metros valos, onde acadou a 9ª posición cun rexistro de 1:05.60.

Por outra banda, Albacete celebrou o seu Meeting Internacional onde as nosas cores estiveron representadas por Celia Muñoz na proba de 100ml onde finalizou en 5ª posición na súa semifinal cun tempo de 12''18 conseguindo o pase para a final, onde rematou tamén en 5ª posición cunha marca de 12''12.

E, como broche final a este sábado, Pontevedra acolleu aos mellores atletas sub23 de Galicia coa disputa do Campionato Xunta de Galicia sub23 onde a nosa atleta Lucía Sicre finalizou en 2ª posición nos 400ml cun tempo de 1:00.73. Así mesmo, Xiana Lago competiu fora de concurso na proba de lanzamento de peso conseguindo o triunfo cunha marca 12.08m.

Trasladándonos ao domingo, na xornada matinal tivo lugar o "Campeonato Asturiano Absoluto" na localidade asturiana de Gijón. Talía Mara Pérez competiu na proba de 200ml onde conseguiría unha nova marca persoal nas semifinais de 24''31 quedando na 2ª posición e conseguindo o pase directo á final. Xa na final, conseguiu facerse co título de campioa asturiana parando o crono en 24''55. Por outra parte, na proba de lanzamento de martelo (4kg) María Olives proclamouse tamén campioa asturiana cun mellor lanzamento de 49.38m tras realizar un bo concurso, mentres que a súa compañeira Lucía Majo tivo que conformarse coa 6ª posición tras un mellor lanzamento de 29.81m.

E, como colofón a este fin de semana, a nosa atleta Marina Bagur conseguiu unha magnífica 3ª posición no "Campeonato de España de 5km en Ruta" celebrado en Paterna cun tempo de 16:58.

¡Noráboa a tod@s!