Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Un ouro no Campionato Galego Sub 16

 

No día de hoxe, a pista Universitaria de Elviña na Coruña, volveu ser o escenario dun Campionato Galego, nesta ocasión disputouse o Campionato Xunta de Galicia Sub 16 de aire libre.

As nosas "Balas Rojas" fixeron unha gran competición, acadando os seguintes resultados:

Marta Gómez logrou a 7ª posición na proba de martelo, cun lanzamento de 30,35 m.

Adriana Suárez acadou a 8ª posición na proba de martelo cun mellor lanzamento de 29,02 m.

Desiree Manso acadou a 7ª posición nos 300 m, cun rexistro de 44"99.

Irma Veiguela proclamouse campiona galega na proba de 600 m, cun rexistro de 1'35"62 (MMP) e logrando a mínima para participar no Campionato de España. 

Daniela Alonso rematou na 5ª posición da final B dos 600 m, cunha marca de 1'58"10.

 

¡¡Parabéns rapazas!!