Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Catro pratas e dous bronces no Campionato de Galicia Absoluto e Sub23

 

    

    

 

O pasado sábado 17 de xuño, nas pistas da Universidade de Santiago, tivo lugar o Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 ao Aire Libre.

As nosas "Balas Rojas" acadaron un total de catro medallas de prata e dúas medallas de bronce.

Na xornada matinal acadaron os seguintes resultados:

Inés Oitavén acadou a 3ª posición nos 400 ml cun rexistro de 56"62 (MMP).

Alicia Barreiro, tamén nos 400 ml, rematou no 4º lugar cunha marca de 57"42.

Antía Martínez logrou o Subcampionato Galego na proba de 100 mv cun rexistro de 15"04. 

Lucía Blanco rematou na 5ª posición nos 100 mv cun tempo de 17"25.

Xiana Lago proclamouse Subcampiona Galega en lanzamento de disco cun rexistro de 38,68 m.

 

Na xornada vespertina os seus resultados foron os seguintes:

María Blanco rematou na 6ª posición na proba de pértiga, cun salto de 2,45 m.

Xiana Lago, volvía a proclamarse Subcampiona Galega, pero nesta ocasión na proba de peso cun mellor lanzamento de 13,02 m.

Alicia Barreiro acadou a 4ª posición nos 200 ml cun rexistro de 25"46.

Inés Oitavén rematou no 6º lugar nos 200 ml cun tempo de 25"79.

Lucía Rivadulla acadou o Subcampionato Galego na categoría Sub23 nos 200 ml cun rexistro de 26"36.

Adrián Rivadulla logrou a 7ª posición nos 800 ml cunha marca de 1'55"80 (MMP).

Lucía Sicre cruzou a liña de meta na 6ª posición, na proba de 800 ml, cun rexistro de 2'12"86.

Adriana Reguera, na categoría Sub23, colgouse a medalla de bronce na proba de lanzamento de martelo cun lanzamento de 46,01 m.

Erika Martínez acadou a 7ª posición en lanzamento de martelo cun rexistro de 41,11m.

Resultados

¡¡Parabéns!!