Noticias FGA

Noticias Web FGA .- O ADAS-Proinor saca músculo en A Rúa

Noticias FGA

O ADAS-Proinor saca músculo en A Rúa

Intensa e formidable xornada a vivida hoxe no Concello de A Rúa con motivo da disputa dosCampionatos de Galicia de campo a través que baixo un día sensacioal, se viron desenvolvendo no circuíto de O Aguillón ó longo de toda a mañán.
Comezaría esta interesante xornada ca disputa das tres probas cas que abriría o XXII Memorial Alejandro Lorenzo baixo unha importante e numerosísima participación. Nelas o máis salientable serían as victorias de Sabela Castelo do Vila de Cangas e Juan Loureiro do Clube Atlética A Silva na Sub-10 así como de Iria Ares do Maderas Barcía Lourenza e a de Alex Sierpes do Trega na Sub-12. Por último, títulos autonómicos tamén para Xela Martínez da E.A. Lucense e de Sergio Prieto do C.A. Estrada na Sub-14. Por equipos o Vila de Cangas, Atletismo Noia e Club Atletismo Sadaproclamaríanse campións das categorías femininas así como o ADAS-Proinor, Atlética Lucense e Ría Ferrol-CCA das masculinas.
Unha vez rematado este primeiro campionato e baixo un día espectacular de sol e de boas temperaturas, seguíronse desenvolvendo as demáis carreiras programadas nunha actividade frenética e incesante que darían paso as saídas correspondentes ó Campionato de Galicia Sub-16 e Sub-18. Nestas categorías non habería sorpresas xa que os principais favoritos cumplirían o seu papel cun Medhi El Mabaoui do C.D. San Paio A Estrada que non deu opcións ós seus riváis impoñéndose na Sub-18 e contribuíndo a que o seu club se proclamara campión por equipos. Na mesma categoría feminina Sara López da E.A. Lucense, tamén faría bos os pronósticos malia que neste caso sería a Gimnástica de Pontevedra quen levara o triunfo na modalidade de equipos.
Na categoría Sub-16 dominio lucense por conxuntos que se materializaría con esas primeiras posicións tanto do Franciscanos de Lugo nas mulleres como da Atlética Lucense nos homes. As victorias individuáis recaerían en Elsa Pena do Atletismo Tui e Hugo García da Gimnástica de Pontevedra.
Cando o reloxo marcaba as 13:30 horas dun día claro e intenso que deixaba contemplar una contorna expectacular co Río Sil de fondo, dábase a saída ó Campionato de Galicia de Campo a Través Curto feminino por equipos no que Leticia Fernández conduciría de novo ó seu clube o ADAS-Proinor a acadar a victoria. Xunto ela sumarían para a o “equipo de Tinín” Sandra Mosquera, Joana Fillipa Pereira, e Paula Santos. Completaron pódium os conxuntos do Comesaña S.C. e Gimnástica de Pontevedra
Nos homes, e continuando cos equipos, saltaría a sorpresa cun novo triunfo do ADAS-Proinor quen conseguría deste xeito un doblete histórico. Os de O Barco imporíanse por 6 puntos ós segundos clasificados, Club Atletismo Santiago, sendo o Miller Running Club o terceiro nese caixón de premiacións.  A proba, que sería gañada polo lucense Manuel Hurtado da Gimnástica, tería en Alejo Ares, Carlos Villamor,  Akka Essaadaoui e Marcos Casado os mellores do equipo gañador.

Noticia Web FGA .- A Rúa convertirase no epicentro do campo a través galego

Noticias FGA

A Rúa convertirase no epicentro do campo a través galego 

Esta fin de semana o Concello de A Rúa convertirase no epicentro de toda a actividadade de campo a través da nosa comunidade.
Nada menos que tres importantes citas serán as que no complexo de O Aguillón se desenvolvan neste domingo día 28 de xaneiro. Para comezar ás 10:30 horas darán comezo o XXII Memorial Alejandro Lorenzo – Campionato Galicia de Menores na que tomarán parte atletas das categorías sub-10 ata a sub-14 e que sobre distancias de que van dende os 800 m. ata os 2.500 m. terán competindo a un total de 426 atletas ata as 11:45 horas. Nesta competición poderemos presenciar entre outras, a participación na Sub-14 tanto de Carolina Santos do AVA como de Pepe Sánchez do Franciscanos de Lugo, gañadores o ano pasado das súas respectivas categorías.
Logo do remate desta importante primeiro evento, continuarase presenciando un bo espectáculo da man dos atletas que tomarán parte no Campionato de Galicia sub-16 e sub-18 na modalidade tanto individual como por equipos.  Será precisamente nesta última categoría onde tomará parte o claro favorito ó titulo, o atleta do San Paio A Estrada El Medhi el Nabaoui quen competirá as 13:05 horas sobre un circuito de 5.000 m. Da mesma maneira Sara Lima da Atlética Lucense fará o propio as 12:40 sobre 4.000 m.
Continuando con presencia destacada, na sub-16 estarán na liña de saída tanto Pedro Vázquez do Real Club Celta como Noelia Sánchez do Atletismo Friol os cales a priori parten como favoritos na cita.
Por último sobre as 13:30 h. veremos o prato forte da xornada ca disputa do Campionato de Galicia de Cros Curto por Clubs e na que tanto a Sociedad Gimnástica, na categoría masculina, como o ADAS-Proinor na categoría feminina, defenden o título acadado o ano pasado. Xunto eles tanto Comesaña, como Atletismo Santiago e Atletismo Sar pelexarán por subir ao pódium como xa fixeran na última edición.

Noticias Web FGA .- Sen sorpresas no autonómico indoor Sub-23

Noticias FGA

Sen sorpresas no autonómico indoor Sub-23

O Pazo dos Deportes de Riazor sería o escenario están fin de semana do Campionato de Galicia Indoor Sub-23 e do Sub-20 e Sub-18 dos 1.500 m. e 3.000 m.
Como era de agardar, a cita autonómica resultaría discreta a nivel de rexistros e resultados si ben compre salientar a Iago Nuñéz do Lucus Caixa Rural Galega quen se convertiría no dominador das probas de velocidade logo de acadar os títulos dos 50 m. con 6.35; 50 v. con 7.17 e nos 400 m. con 58.90. Da mesma maneira Paula Iglesias dominaría a distancia dos 400 m. baixando do minuto e parando o reloxo en 58.90.
Uxía Pérez logo de deixar atrás os seus problemas físicos volve pouco a pouco a acadar o seu nivel que a levarían a dominar as distancias dos 1.500 m. con 4:54.00 e os 3.000 m. con 10:29.30. Destacado papel de igual modo de Brandán Candal do C.A. Santiago quen se imporía nos concursos de altura con 1,64 m. e peso con 10,40 m.
No medio fondo e fondo o atleta Sub-20 Jorge Siera do Coruña Comarca lograría o título autonómico tanto nos  3.000 m. con 9:08.70 coma nos 1.500 m. con 4:11.70, proba esta última na que xoven valor do San Paio A Estrada El Medhi el Nabouai na Sub-18 non tería riváis rematando con 4:17.58.
Outras das actuacións salientables serían as de Estela Fernández do Lugo Runing R.L. quen gañaría o ouro nos 50 m. con 6.96 sendo prata nos 50 v. con 8.10; Mullenesh M. Porteiro da Sociedad Gimnástica sería campioa galega nos 800 m. con 2:43.47 e medalla de bronce na altura con 1,36 m. e Ainhoa Don do Riazor Coruña quen acadaría o título no concurso de altura con 1,45 m. e a prata no de lonxitude con 5,20 m.
 

Noticias Web FGA .- A FGA colabora ca UDC nun ciclo de obradoiros sobre a prevención de lesións

Noticias FGA

A FGA colabora ca UDC nun ciclo de obradoiros sobre a prevención de lesións

A Universidade da Coruña a través da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física en colaboración ca Federación Galega de Atletismo, organizan un ciclo de conferencias en distintas datas encamiñadas á prevención de lesións no eido do deporte. Para o desenvolvemento destas charlas e obradoiros contarase con ponentes de prestixio internacional entre os que se atopan Mariano García-Verdugo, Ignacio González, Javier Sola e Miguel Blanco.
As xornadas efectuaranse na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Bastiagueiro
  • Conferencia: La importancia del pie y pelvis en la prevención de lesiones por Miguel Blanco. Venres 16 de febreiro ás 10:00 horas. Acceso de balde
  • Workshop: La importancia del pie y pelvis en la prevención de lesiones por Miguel Blanco. Sábado 3 de marzo de 09:30 ás 13:30 horas. Inscripción 40 €
  • Conferencia: El entrenamiento de resistencia basado en zonas o áreas funcionales por Mariano García-Verdugo. Martes 06 de marzo dende as 12:00 horas. Acceso de balde
  • Workshop: El modelo de resistencia basado en el modelo Diper por Mariano García-Verdugo. Sábado 10 de marzo de 10:00 ás 13:00 horas e de 16:30 ás 20:00 horas. Inscripción 50 €
  • Conferencia: El analisis artro-muscular entrenamiento de la técnica de carrera (Mejora del rendimiento y reducción del riesgo de lesión) por Ignacio González Zas. Vernes 06 de abril dende as 09:00 horas. Acceso de balde.
  • Workshop: El analisis artro-muscular entrenamiento de la técnica de carrera (Mejora del rendimiento y reducción del riesgo de lesión) por Ignacio González Zas. Sábado 21 de abril dende as 09:30 ás 13:30 horas. Incripción 40 €
  • Workshop: Uso de plataformas on-line entrenamiento (trainingPeaks) Triathlon-Atletismo-Natación-Ciclismo por Javier Sola López . Venres 12 de maio de 16:30 ás 20:00 horas. Inscripción 40 €
  • Workshop: Uso del WKO4  para la planificación y programación de entrenamientos Triathlon-Atletismo-Natacion-Ciclismo por Javier Sola López . Sábado 21 de abril 09:30 ás 13:30 h. e de 16:30 ás 20:30 h. Inscripción 90 €

Noticias Web FGA .- Novo fin de semana de campionatos indoor

Noticias FGA

Novo fin de semana de campionatos indoor

Seguindo ca axenda de Campionatos Autonómicos, esta fin de semana contaremos na Pista Cuberta de Riazor co desenvolvemento do Galego Sub-23 así como a dos Sub-18 e Sub-20 nas probas dos 1.500 m. e 3.000 m.
Cunha participación  un tanto “descafeinada” afróntarase este cita que contará ca presencia da campiona galega indoor absoluta en Expourense nas probas de velocidade dos 200 m. e dos 400 m.Paula Iglesias quen tomará parte no dobre hectómetro. Nesta mesma proba, presencia do subcampión galego do Lucus Caixa Rural  Iago Núñez, que de igual modo participará nas probas dos 50 m.v.  así como na dos 400 m.
Xiana González da Gimnástica e bronce no absoluto nos 200 m., será outra das atletas que se deixará ver por Riazor, repetindo distancia. Mesmo metal para Ainoa Don do Riazor Coruña nos absolutos, quen loitará polos títulos tanto da lonxitude como de altura.
No concurso de peso nova oportunidade para presenciar un interesante duelo entre a canguesa e subcampiona galega Raquel Villa e o bronce na mesma especialidade, Alicia Pose do Lucus Caixa Rural Galega.
Xa nos 1.500 m. sub-18. presencia destacada de El Medhi El Naboui do S. Paio A Estrada quen ven de acadar no absoluto a mínima para tomar parte no Campionato de Europa ó Aire Libre de Gyor logo de establecer un tempo oficial de 8:33.37 e que da mesma maneira sitúano ó fronte do ranking nacional da súa categoría. A internacional Sub-23  Uxía Perez do Playas de Castellón tomará parte nos 3.000 m. ó igual que Sara López da Atlética Lucense na sub-18 completando esta distancia na categoría masculina o tamén lucense Bilal Dahmouni

Noticias Web FGA .- O Cros acapara protagonismo

Noticias FGA

O Cros acapara protagonismo

Logo de varios fins de semana moi intensos nos que a pista cuberta sería o principal punto de atención do atletismo galego, serán agora as distintas citas de campo a través quenes acaparen os focos de interese.
Para comezar xa mesmo esta fin de semana, contaremos con importantes citas como son as Fases competitivas do programa XOGADE da Xunta de Galicia. O sábado día 20 poderemos presenciar a Fase Intercomarcal na Coruña, o Sector Comarcal na de Ourense, ou mesmo o Sector Zonal en Santiago. Da mesma maneira o domingo día 21, a Mariña Lucense acollerá o seu II Cros Comarcal da Mariña Lucense que pechará esta fin de semana.
Máis será ó XIII Campionato de Galicia  Sub-16 e Sub-18 individual e por Clubs, o  XXII Memorial Alejandro Lorenzo e o XI Campionato de Galicia de Cros Curto que se desenvolverán o vindeiro día 28 de xaneiro en A Rúa, a principal proba de cros que acolla este primero mes do ano. Lembramos que precisamente neste evento faríanse xestións para acadar a carón do circuíto un servizo de xantar (10€ menú) e na que todos aqueles interesados poderán facer reserva chamando ó teléfono 670 212 957 antes do día 25 de xaneiro.

Noticias Web FGA .- A Pista Cuberta vibraría cos Máster

Noticias FGA

A Pista Cuberta vibraría cos Máster

“Que maneira máis magnífica de rematar esta intensísima fin de semana para o atletismo galego”con esta expresión o Presidente da FGA Isidoro Hornillos definiría moi ben o que deu de si o Campionato de Galicia Máster de Pista Cuberta.
Se o venres O Barco de Valdeorras acollía a Gala do Atletismo Galego, o sábado e domingo a pista Cuberta de Ourense sería escenario dos Campionatos de Galicia Absolutos e Máster baixo unha enorme expectación pola estrea da instalación cuberta.
Cunha participación récord de inscritos, e que obrigaría a facer múltiples series en moitas probas, arrincaba as 11:00 horas do domingo unha nova edición, onde os veteranos acaparaban todo o protagonismo atlético.
Como era de agardar, moitísimas mellores marcas persoais serían as que non poucos dos participantes levarían consigo ó que engadimos os nada menos que 20 novos récords de Galicia e dous récords nacionais que serían o balance final en canto a rexistros, destos Campionatos.
Comezando cos récords autonómicos, os lanzamentos terían en Julio Fernández do Ourense Atletismo na M-75 con 8,14 m. e Xulio Ventín do ADAS-Proinor na M-55 con 11,42 m. os seus protagonistas. De novo sería Ventín quen na pértega elevara o tope autonómico ata os 3,00 m. e na que tanto Santiago Ferrer da S.G.P. na M-60 con 2,70 m. como Manuel Eyre do Universidade de Santiago na M-65 con 1,60 m., serían quen de elevar o nivel do ranking desta proba. Na lonxitude de novo Luis Nogueira do ADAS-Proinor, quen simultanea á perfección a xavalina cos saltos horizontáis, chegaría ata os 4,48 m. que supoñen un novo récord na M-60. A campiona mundial en xavalina en Korea, Ángeles Rodríguez do Club A Silva, faría o propio en altura con 1,02 na W-60.
No sector de velocidade Enrique Iglesias do Ourense Atletismo na M-70 e Manuel García do ADAS Proinor  na M-75 lograrían inscribir os seus nomes na táboa de récords dos 60 m.l. con 11.19 e 13.64 respectivamente. Nas mulleres e na proba dos 400 m. Amalia San Martín do Egovarros na W-65 marcaría un novo récord con 1:30.27
Os valados e como era de agardar, serían as probas máis prolíferas en canto a milloras, xa que Luis Eyre do Universidade de Santiago na M-65 con 17.09;  José Gonta de A Silva na M-50 con 10.57;Miguel López do Marineda na M-55 con 10.59;  Guillermo Martínez do C.A. A Estrada na M-35 con 9.51 e Teresa Suárez Vila do Samertolomeu na W-45 con 11.10 pulverizarían as anteriores plusmarcas.
Continuando cos rexitros galegos, no medio fondo Saturnino González do Veteranos de Ourense na M-55 con 4:40.18 e o recordman mundial dos 800 m. José Vicente Rioseco do Egovarros de Viveiro con 5:53.42 farían o propio na proba dos 1.500 m. Xa nos 3.000 m. o que fora campión de España de Marathon, Elías Domínguez do Miler Running sumaríase á gran festa deportiva batendo o autonómico da M-45 con 9:07.37
Se todo esto acontecía a nivel galego a guinda do campionato chegaría da man de Emilia Mesa e deEsther Pedrosa.
A atleta e xuíz ourensá Emilia Mesa, que durante a competición recibiría unha placa de recoñocemento ás máis de 100 medallas de ouro acadadas en Campionatos de Galicia e mesmo número en Campionatos de España, agradecería tal distinción como ela só sabe facer. No concurso de lanzamento de peso e xa no seu segundo intento batiría o récord nacional con 9,38 m. malia que lonxe de conformarse, sería no sexto e último lanzamento onde presenciaríamos esos formidables 9,46 m. que supoñen o definitivo récord de España na categoría W-65 e que pulveriza, en preto de metro e medio, os 8,03 m. de Paula Pellejero que dende o ano 2008 establecera en Zaragoza.
Seguindo cas emocións, na carreira dos 3.000 m. Esther Pedrosa do U.S. Compostela que viña avisando das súas intencións, faría unha carreira para enmarcar na que con todo un pavillón entregado auparían a santiguesa ata a línea de meta ata parar o reloxo nuns fantásticos 10:44.54. Esta marca desfaría o anterior tope nacional que dende o ano 2013 ostentaba Aurora Pérez con 10:55.51.
Se todo esto fora pouco, o campionato estaría a piques de contar cun novo récord nacional xa queXosé Lois Otero Cepeda do U.S. Compostela cun rexistro de 10:29.97 quedaría a tan só 58 centésimas da súa propia plusmarca do ano pasado.
 

Noticias Web FGA .- Un campionato de récords e emocións

Noticias FGA

Un campionato de récords e emocións

A pista Cuberta de Ourense sería escenario no día de hoxe da disputa do XXXIII Campionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta que como xa viñemos adiantando traería consigo unha gran cantidade de mellores marcas persoais, mínimas para Campionatos de España así como a consecución de varios Récords do Campionato.
Por sectores e dando comezo ca velocidade, acadaríanse dous récords do campionato na proba dos 60 m. Nerea Iglesias do Fontes do Sar, imporíase na final establecendo xa nas semifinais un rexistro de 7.89 e continuando ca súa importante progresión. Nesta mesma proba a internacional venezolana do A. Femenino Celta Nediam Vargas marcaría un crono de 7.62. Nos homes un motivádisimo Javi Cancela non podería millorar o seu rexistro de fai unhas datas de 6.85 malia elo establecería nas semifinais un tempo oficial de  6.90 deixando moi boas sensacións na súa proba.
Nos 200 m. Sergio Rodríguez nun excelente estado de forma, volvería baixar dos 22 segundos marcando 21.98  que supón récord do campionato, e que evidencia a calidade tanto dos nosos velocistas como da pista para este tipo de probas. Nas mulleres Paula Iglesias do Riazor Coruña mantería un fermoso duelo con Andrea Pais do Femenino Celta e na que a coruñesa acabaría por imponerse con 25.47. Xa nos 400 m. de novo Paula Iglesias volveríase proclamar campioa galega con 57.61 converténdose na indiscutible domiñadora da velocidade galega indoor. O seu compañeiro de adestramentos e especialistas en valados Carlos Moro, faría bos todos os pronósticos ó acadar a victoria con 50.35
No medio fondo e fondo os 800 m. masculinos terían en Elian Nuna López do Coruña Comarca ó seu protagonista con 1:54.44. De igual modo sucedería na categoría feminina ca internacionalRaquel Meaños quen remataría a proba na primeira posición con 2:13.09. Na distancia raíña do medio fondo, os 1500 m., terían da man de Leticia Fernández a clara domiñadora cun rexistro de 4:30.81 e na que a segunda posición correspondería de novo a  Raquel Meaños con 4:38.86. Na proba dos 3.000 m. repetiría título a do ADAS-Proinor confirmando o seu excelente estado de forma con  9:21.85 seguida por Esther Navarrete. Na proba masculina a medalla de bronce no campionato europeo sub20 do ano pasado, Adrián Ben, imporía a súa calidade deixando moi boas sensacións sobre o tartán. remataría con 3:58.29 na proba dos 1.500 m. Gonzalo Basconcelo do Celta pola súa banda, sería o domiñador claro nos 3.000 m. con 8:13.72.
Nos concursos, e xa na altura feminina,  interesante loita mantida entre Raquel Seijas da Gimnástica e Aloia Vilas do Universidade de Santiago. Ó remate a lucense superaría a santiaguesa por tres centímetros saltando 1,58 m. Nos homes o especialista en combinadas Adolfo Sáinz Mazado Celta, sumaría unha medalla de ouro logo de superar o listón a 1,91 m.
A pértega mulleres tería de novo a Bea Viteri do A.F. Celta como clara  domiñadora autonómica con 3,30 m. Nos homes en cambio, moito máis disputado estaría a loita polo título entre Miguel Cajaraville do Celta e Santiago Ferrer da Gimnástica. Ó remate o atleta celeste gañaría o ouro cun salto de 4,60 m. polos 4,55 m. do pontevedrés.
No triplo salto moita emoción cun Anxo Blanco da Gimnástica en clara progresión que non lle poría as cousas doadas a Alfonso Palomanes. O campión de España e internacional fai dous anos, teríase que empregar a fondo para chegar no seu cuarto intento ata 15,42 m.  De igual modo emoción no triple feminino na que tanto Saray Amoedo do Vila de Cangas como Raquel Lameiro do ADAS-Proinor manterían unha emocioante pugna polo título que recaería ó final na canguesa con 11,13 m. polos 11,09 m. da atleta de O  Barco.
A lonxitude Jean Marie Okutu con 7,68 m. milloraría eses 7,52 m. do ano 2014 que el mesmo tiña como tope do campionato, continuando desta maneira ca súa progresión cara esas importantes citas internacionáis. A plusmarquista galega Leticia Gil segue ca súa preparación invernal que a levarían a saltar  5,92 m. no seu obxectivo de millorar esos 6,22 m. do ano pasado
Victor Gallego con 16,49 m. segue a sumar títulos autonómicos ó seu amplo palmarés no concurso de peso ó igual que a mundialista en Londres Belén Toimil quen quixo estar compartindo esta gran festa do atletismo galego lanzando ata os 15,07 m. en plena fase de preparación invernal.
Por último nas probas dos valados volveríamos presenciar un novo récord do campionato da man de Teresa Rodríguez do Riazor Coruña quen pararía o reloxo en 8.98 mellorando a anterior marca que ela mesma tiña dende o ano pasado con 9.02 Nos homes de novo Adolfo Sainz Mazaproclamaríase campión de Galicia, nesta vez nos valados, cun rexistro oficial de 8.69.
No que atinxe a récords galegos, compre salientar o de Enma Valencia do A. Femenino Celta quen na proba dos 60 m.v. establecería un novo tope autonómico na categoría W35 con 9.02. Da mesma manera  carrerón do atleta xuvenil do San Paio A Estrada Medhi El Nabaoui quen na proba dos 3.000 m. acadaría un rexistro de 8:33.77 que supón ademáis dunha mellor marca persoal, a mínima de participación para tomar parte nos Campionatos de Europa da súa categoría.

Noticias Web FGA .- Un campionato absoluto de moitos quilates

Noticias FGA

Un campionato absoluto de moitos quilates

O pasado día 04 de febreiro do 2017 a pista cuberta de Riazor acollía o último Campionato de Galicia Absoluto Indoor logo de preto de corenta anos de actividade atlética ininterrompida. Malia que se seguirá contando ca instalación a nivel de probas oficias cando as circunstancias así o determinen, o caso é que xa se atopa todo disposto para que a cita máis importante do Atletismo Galego a nivel indoor se poda desenvolver a partir de mañán sábado dende as 11:00 horas na Pista Cuberta de Ourense.
A nivel xeral existe moita expectación en comprobar en situ as características desta pista, proba delo é o número de inscritos que acudirá a esta cita e na que poderemos presenciar entre outras, as evolucións do saltador olímpico Jean Marie Okutu quen estará presente no campionato tomando parte nas probas de lonxitude e dos 60 m. Será precisamente nesta última proba na que presumiblemente asistamos a un dos encontros estrelas xa que Javi Cancelas en excelente estado de forma, tentará rebaixar esos 6.85 acadados no mesmo recinto fai apenas uns días. A nosa mundialista en Londres Belén Toimil debuta na tempada neste autonómico, o mesmo que a plusmarquista galega Leticia Gil no concurso de lonxitude. Os 60 m. contarán ca calidade da internacional venezolana Nediam Vargas que o ano pasado dinamizaría a velocidade galega con 11.38 nos 100 m. e 23.07 nos 200 m. Leticia Fernández  quen dobrará en 800 e 1.500 m. e Esther Navarrete nos 3000 m. intentarán ratificar o seu excelente estado de forma. Especial interese de igual modo por comprobar as evolucións de dúas das nosas figuras máis emerxentes como sonRaquel Meaños quen tomará parte nos 800 m. e  Paula Garnero quen fará o propio tanto nos 200 m. e 400 m.
O concurso de triple, presencia de Alfonso Palomanes quen acude motivado e con gañas de saltar sobre os dazaséis metros. Adrián Ben será outro dos grandes valores do campionato. O bronce no europeo junior do ano pasado, acude a esta cita na estrea do que será a súa tempada tomando parte nos 1.500 m.
 
 

 

Noticias Web FGA .- Os Máster celebran o seu campionato

Noticias FGA

Os Máster celebran o seu campionato

Fin de semana intenso a que nos vai a deparar a pista Cuberta de Ourense en canto a celebración de Campionatos de Galicia.
Se o sábado arrinca co Campionato de Galicia Absoluto, será na xornada do domingo cando os atletas master do noso deporte celebren a súa gran cita anual baixo teito nunha edición que se desenvolverá en dobre xornada e que dará comezo as 11:00 horas. O remate será xa na tarde en torno as 19:15 horas
A gran espectación xenerada ca inauguración desta instalación traería consigo a inscrición dun gran número de atletas en cantidade récord o que sen lugar a dúbidas contribuirá tanto a facilitar a consecución de mellores marcas persoais como a presenciar seguramente a mellora de non poucos novos récords galegos en cada unha das categorías en liza.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA