Noticias FGA

Noticias Web FGA .- O atletismo galego distingue ós seus estamentos na súa Gala anual

Noticias FGA

O atletismo galego distingue ós seus estamentos na súa Gala anual

Xa se atopa todo preparado para que mañá 12 de xaneiro O Barco de Valdeorras acolla a Gala do Atletismo Galego que premia a todos aqueles estamentos cuxos méritos deportivos contraidos foran merecedores de tales distincións.
A gala contará ca presencia das principais institucións políticas galegas, encabezadas pola Xunta de Galicia de mans da súa Directora Xeral Marta Míguez. Da mesma maneira o Alcalde de O Barco de Valdeorras, Alfredo García, en calidade de anfitrión, estará acompañado pola Corporación Municipal local xunto ó tamén Alcalde do Concello de A Rúa Luis Fernández. Xunto eles un importante elenco de representación de organismos privados e empresariais confirmaron a súa asistencia.
Con esta gala a Delegación de Valdeorras organiza por vez primeira o evento social máis importante do atletismo galego sumándose así, a importante actividade atlética que impulsa xunto ós clubes ADAS Proinor e Club Atletismo A Rúa.
O acto que estará dirixido este ano por Pablo Ríos dará comezo as 19:00 horas sendo o Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras o lugar de celebración escollido.

Noticias Web FGA .- Presentouse o Campionato de Galicia Absoluto Indoor

Noticias FGA

Presentouse o Campionato de Galicia Absoluto Indoor

No día de hoxe o Concello de Ourense sería o esciario escollido para a presentación doCampionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta a cuxo acto acudirían a Directora Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia Marta Míguez, o Alcalde do Concello de Ourense Xesús Vázquez e o Presidente da FGA Isidoro Hornillos entre outras autoridades.
Esta cita supón o evento de maior relieve a nivel autonómico da modalidade indoor, contando con algúns dos máis importantes atletas do noso deporte a nivel nacional. Segundo  Isidoro Hornillos, Presidente da FGA ” e unha ocasión inmellorable para poder gozar das grandes figuras do noso deporte”,  da mesma maneira a Directora Técnica do ente federativo Madó González apuntaba que ” Imos presenciar unha gran cantidade de mellores marcas persoáis”  facendo unha aposta persoal e chegando a vaticinar que  “…estou convencida que máis dun récord galego será batido” 
Lembramos que a compitición dará comezo este sábado dia 13 as 11:00 horas

 

Noticias Web FGA .- A Copa marcha a Vigo e Pontevedra

Noticias FGA

A Copa marcha a Vigo e Pontevedra

Acábase de disputar na Pista Cuberta de Ourense unha nova Edición correspondende a XIV Copa de Atletismo de Pista Cuberta na que os oito millores equipo galegos competían na procura deste prestixioso título autonómico.
Na categoría feminina o Atletismo Feminino Celta cun total de 83 puntos acadaría o título copeiro grazas en parte ós primeiros postos acadados polas fichaxes internacionais Nediam Vargas nos 200 m. con 25.20 e Alice Marie Genevieve nos 1500 m. con 4:34.50. Xunto elas as temén internacionais Eva Queimaño en altura con 1,57 e Olaia Guisela Becerril en lonxitude con 5.30 m. contribuirían a apuntalar as celestes ó igual que a victoria de Beatriz Viteri en pértega con 3,51 m. Compartindo podium xunto as gañadoras estaría o conxunto do ADAS-Proinor a sete puntos, sendo terceiras a Sociedad Gimástica a 11.
Na categoría masculina, e defendendo título, o triunfo correspondería a Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 78 puntos nun encontro moi igualado na que sería segundo o Real Club Celta a tres do gañador. No terceiro posto con 74 puntos, un sorprendente C.A. Narón que ven de artellar un conxunto moi competitivo para este ano. Por parte dos gimnásticos salientamos os triunfos deRaúl Cortizo no concurso de altura con 1,84 m., de Anxo Blanco no triple con 14,80 m. así como a do seu incombustible capitán Victor Gallego, quen mandaría o peso ata os 15,73 m.
A nivel de rexistros personáis destacadas marcas de Javi Cancelas nos 60 m. quen con 6.85 acadaría o terceiro mellor rexistro de todos os tempos na proba. De igual modo notable comezo de tempada para Leticia Fernández, quen na proba dos 800 m. e sen rivais, sería quen de parar o crono en 2:09.01

Noticias Web FGA .- Comezan os test para os clubs ca disputa da Copa

Noticias FGA

Comezan os test para os clubs ca disputa da Copa

Chegado o mes de xaneiro, e continuando co desenvolvemento das competicións de pista cuberta, presenciaremos o día 7 de xaneiro a disputa dunha das probas máis emocionantes do calendario autonómico como é a XIV Copa de Clubs de Pista Cuberta ca participación dos oito mellores equipos galegos.
Na categoría feminina tomarán parte de maneira directa os catro primeiros equipos clasificados no Campionato de Clubs de Aire Libre do ano pasado na que lembramos que as ferroláns do RIA proclamaríanse gañadoras. Xunto elas competirán polo título o Atletismo Feminino Celta, ADAS-Proinor  e Sociedad Gimnástica de Pontevedra, estando acompañados por outros catro entidades que por estadillo completarán o total de oito conxuntos (Lucus Caixa Rural, Club Atletismo Santiago, Escola Atlética Lucense e Riazor Coruña). 
Na categoría masculina, e xunto ó gañador do ano pasado a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, estarán clasificados de maneira directa o Real Club Atletismo Celta, C.A. Narón e C.A.Santiago, ás que sumamos a incorporación por estadillo do Lucus Caixa Rural, Riazor Coruña, ADAS-Prionor e Marineda Atlético.
Esta XIV Copa representa o primeiro test importante para os equipos de cara a perfilar as súas distintas ligas e na que ademáis será unha boa ocasión, para ver en acción as novas incorporacións de cara a esta nova tempada.

Noticias Web FGA .- I Xornada de Control da Pista Cuberta en Ourense

Noticias FGA

I Xornada de Control da Pista Cuberta en Ourense

O Club Deportivo Aurum e o Club Ourense Atletismo, coa colaboración da Delegación da FGA en Ourense, organizarán a I Xornada de Control prevista para este sábado día 30 de decembro, conforme ó horario e normativa adxunta.
Aqueles atletas xa inscritos na plataforma RFEA deberán aboar 3€ no momento da recollida de dorsais na Secretaría de Competición, agás ós atletas pertencentes ós clubes organizadores.
Lembramos que os atletas inscritos poderán efectuar modificacións ata o venres ás 14:00 horas publicándose o horario definitivo o venres pola tarde as 18:30 h.

Noticias Web FGA .- Concentración de Nadal do Sector de Marcha

Noticias FGA

Concentración de Nadal do Sector de Marcha

Continuando co Plan Galego de Tecnificación Atlética, e a proposta do Responsable do Sector de Marcha da FGA Carlos Morales, convócase a un total de 35 atletas a tomar parte na Concentración de Nadal do Sector de Marcha  que se desenvolverá en Pontevedra os días 02 ó 05 de xaneiro na Cidade Infantil (Residencia Príncipe Felipe)
A esta concentración están convocados marchadores das categorías Sub-16 e Sub-20, poidendo acudir os adestradores personáis de cada atleta previo contacto co responsable da concentración no correo: carlosgangasmorales@gmail.com
Coma ben sendo habitual neste tipo de xornadas técnicas, simultanearase as sesións de adestramentos cas distintas charlas informativas que sobre a especialidade se impartirán por especialistas.
Lembramos que compre confirmar a asistencia antes do venres 29 de decembro as 12.00 horas no seguinte enlace: https://goo.gl/forms/1b1Y3e5WpBBbaHRs2,

Noticias Web FGA .- As San Silvestres enchen as rúas

Noticias FGA

As San Silvestres enchen as rúas
Ca chegada destas datas e do Nadal, son moitos os Concellos e entidades que ofertan unha ampla gama de actividades culturais, sociais e deportivas para desfrute e lecer dunha sociedade cada vez máis activa e dinámica.
Aproveitando as festas, xurdiron nos últimos anos un importante número de San Silvestres que durante o día 31 toman as rúas das vilas e concellos galegos na procura de despedir o ano dun xeito deportivo, pero tamén, festivo, lúdico e sobre de todo participativo. Coma sempre a tónica dominante é a gran participación, de milleiros de persoas que compiten, moitos deles disfrazados, na procura dun remate do ano o máis atlético posible.
Sería no ano 1961 na localidade de Galdácano onde se disputara a primeira San Silvestre datada en España, malia que o evento non tería continuidade, tendo que agardar ata tres anos despois para que un galego, Antonio Sabugueiro, creara unha das primeiras precursoras e unha das máis importantes a nivel mundial – xunto a de São Paulo e a de Nueva York -, a San Silvestre Vallecana.
Desde entón, e xa na nosa comunidade, serían moitas as probas deste tipo que proliferarían co paso dos anos, sumándose as xa existentes no resto do Estado. Entre elas, contamos con varias que teñen as súas costas varias edicións como a XIII Carreira de Fin de Ano 2017 Mugardos-Ares, VII San Silvestre Pontesa, V San Silvestre Compostelá ou a V San Silvestre do Concello de Fene, esta última a desenvolver o día 30. Outras en cambio, veñen sumarse a este calendario de probas oficiáis da F.G.A. debutando na celebración da súa primeira edición como é o caso da I San Silvestre Betanceira,  a  I San Silvestre de Monterroso  ou a I San Silvestre de Ordes. Para outras, e logo da experiencia de anos pasados, continúan sumando edicións ó seu incipiente palmarés como a  II San Silvestre Ourensá
A oferta é ampla e numerosa, como ampla e numerosa son as gañas de tomar parte nas distintas San Silvestres. Dende aquí, desexamos a maior sorte, desfrute e lonxevidade posible a todas e cada unha delas.

Noticias Web FGA .- O Barco de Valdeorras prepárase para acoller a Gala do Atletismo Galego

Noticias FGA

O Barco de Valdeorras prepárase para acoller a Gala do Atletismo Galego
Como todos os anos xa se pode participar no proceso de selección das/os millores atletas galegas/os que cada ano a FGA distingue a través da súa Gala Anual do Atletismo Galego. Este ano, será  o Concello de O Barco de Valdeorras quen acolla esta edición número once o vindeiro día 12 de xaneiro e que contará co máis destacado do atletismo autonómico.
Ademáis das seccións nas que ainda se pode votar ata o día 30 de decembro, existen outros premios fixos contraidos polos méritos acadados ó longo da pasada tempada e nas que figura unha ampla relación de atletas. Para axilizar e organizar o acto, compre confirmar a súa participación a través do formulario colgado na web da FGA.
A nivel de posibles gañadores, na categoría absoluta masculina Jean Marie Okutu aspira a repetir galardón como xa o fixera nas catro últimas edicións ó igual que Solange Pereira gañadora da mesma maneira, das tres últimas.
No resto de categorías as eleccións se atopan moi abertas, xa que son moitos os aspirantes con amplos méritos contraidos que fará que non sexa doado determinar cales recibirán o galardón como millor Master e Sub-23.
Lembramos precisamente que este ano os atletas master, e por decisión da súa comisión, desenvolverán unha gala aparte na que premiarán os logros do seu colectivo en data ainda por determinar. Elo non afecta a elección do millor master masculino e femenino do ano que se continuará desenvolvendo na gala principal.

Noticias Web FGA .- Pista Cuberta de Ourense, consecución dun soño do atletismo galego

Noticias FGA

Pista Cuberta de Ourense, consecución dun soño do atletismo galego
No día onte, un dos momentos máis agardados pola historia do atletismo galego, faríase realidade. Por fin, e logo de moitos anos de reivindicacións, un dos maís anhelados soños do noso deporte faríase realidade ca inauguración da nova pista cuberta instalada no recinto feiral Expourense.
A este acto acudiría un nutrido número de personalidades políticas e institucionais da nosa Comunidade ó fronte das cales se atopaba o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo, quen destacaría o “importante investimento económico” desenvolto pola institución galega que preside , salientando “…as importantes características da instalación que a fan unha das máis punteiras a nivel mundial”. Tampouco deixaría pasar a oportunidade de citar a importancia que como motor económico terá esta instalación para a cidade das Burgas.
Marta Míguez, Secretaria Xeral para o Deporte, tamén falaría neste acto sobre a importancia e o orgullo que como ourensana, deportista e dirixente ten para ela ver materializada esta instalación.
O Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete na súa intervención incidiría en que “Galicia ponse a cabeza en canto a insfraestructuras atléticas cubertas ó ser a terceira das súas características construidas en España e unha das vinte a nivel mundial”
O Alcalde de Ourense Jesús Vázquez ve neste investimento “un pistoletazo de saída para a chegada a cidade de probas nacionais e mesmo internacionais”
Para Isidoro Hornillos, Presidente da FGA, este era un día feliz a nivel persoal “Sen lugar a dúbidas esto supón para o atletismo galego un momento histórico xa que pasamos a contar cunha ferramenta imprescindible e vital para o noso desenvolvemento” para rematar  dicindo que ” …de agora en adiante os nosos atletas xa non terán que saír fora da nosa comunidade na procura dunha pista cuberta en condicións”  
Para Raúl Chapado, Presidente da RFEA,  “Ourense merece un Campionato de España como o que terá lugar”  referíndose o Sub20 que terá lugar os vindeiros 3 e 4 de marzo
Por último Alejandro Rubín, Xerente de Expourense, centraríase na importancia desta pista  ...”como complemento ideal que supón para o recinto feiral dispor desta infraestructura que a fará contar cunha maior diversificación de actividades”.
 
 

Noticias Web FGA .- Relación de admitidos no Trofeo Inaugural de Pista Cuberta

Noticias FGA

Relación de admitidos no Trofeo Inaugural de Pista Cuberta
Acábanse de facer públicas as listaxes de atletas admitidos definitivos a tomar parte no Trofeo Inaugural de Pista Cuberta que se desenvolverá o vindeiro sábado día 16 de decembro na Pista Cuberta de Ourense.
Da mesma maneira tamén se comunica a relación de atletas por categorías que tomarán parte na Liga Galega ABANCA que se desenvolverá na xornada da mañán do sábado asi como a cadencia dos listóns.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA