Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Isidoro Hornillos Baz, reelexido Presidente da Federación Galega de Atletismo

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
04/09/2014 . Isidoro Hornillos Baz, reelixido Presidente da FGA

Unha vez rematado o prazo para a presentacion de reclamacións á eleccion de Presidente e Comisión Delegada, a Xunta Electoral. 
ACORDA 
Proclamar Presidente da Federacion Gallega de Atletismo a D. Isidoro Hornillo Baz, para o período 2014-2018   -

[Componentes Comision Delegada FGA]

 

Noticias Web FGA .- Cambre, Muros e Sada escearios de probas populares na fin de semana

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Cambre, Muros e Sada escearios de probas populares na fin de semana

Como xa ven sendo habitual na tempada estival, son moitos os concellos que organizan as suas carreiras populares aproveitando as festas locais. Esta longa fin de semana, celebráronse duas das pertencentes o II Circuito Diputación de A Coruña, a XX Carreira Popular Concello de Cambre e a III Carreira Popular Solidaria Piscina de Muros. En Cambre os vencedores na proba absoluta foron o argelino Kader Bouguerroudj e Raquel Pedrosa do Ría Ferrol mentres que en Muros Roberto Caneda do Atletismo Milladoiro e Raquel Suárez, repetindo triunfo, foron os primeiros en curzar a liña de meta. Xa o domingo foi o turno da IV Milla Urbana San Roque no concello de Sada na que a victoria foi para Aziz Fatihi do Marineda e a Independente Eusebia Maldonado.

 

Noticias Web FGA .- Publicado o listado de atletas becados provisionalmente no Centro Galego de Tecnificación Deportiva 2014/2015

 
 
08/08/2014 . Publicado o listado de atletas becados provisionalmente no CGTD
No día de onte a Secretaría Xeral para o Deporte publicou o listado de atletas galegos que disfrutarán dunha beca no Centro Galego de Tecnificación Deportiva na vindeira tempada 2014/15. Consulta aqui o listado provisional. (CLICK AQUI)

 

Noticias Web FGA .- Nova aplicación telemática para a solicitude de certificados

 
 
06/08/2014 . Nova aplicación telemática para a solicitude de certificados
A FGA no seu compromiso de facilitar as xestións a todos os estamentos atléticos creou unha aplicación telemática para a solicitude de certificados. Con esta aplicación preténdese dar cabida as moitas peticións que se reciben vía email para certificacións de curriculums deportivos, de títulos de técnicos, de ter licencia federada, etc.
En tan só un par de minutos o solicitante volcará os datos na aplicación e automáticamente a súa solicitude se xestionará á maior brevidade posible. Agradecemos que todos os clubes inclúan como favorito o enlace da aplicación no seu ordenador. (CLICK AQUI PARA ACCEDER Á PLATAFORMA)

 

Noticias Web FGA .- Isidoro Hornillos reelexido Presidente da Federación Galega de Atletismo. Tamén elexidos os novos membros da Comisión Delegada

 
 
01/08/2014 . Isidoro Hornillos reelexido Presidente da Federación Galega de Atletismo. Tamén elexidos os novos membros da Comisión Delegada
Tamén agradeceu a labor feita pola Xunta Electoral que conduciu o proceso con total normalidade. Asemade o traballo efectuado durante a última lexislatura polos diferentes órganos de goberno, comisions, comités e persoal laboral da FGA. Destacou tamén o esforzo xeral realizado por todos os colectivos de atletas, adestradores, clubs e xuices que están a fazer todo o posible para que o atletismo galego siga medrando cada día e teña un maior prestixio e relevancia social.
Tamén fixo extensivo o seu agradcemento ás entidades públicas que nos apoian regularmente como é a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputacións Provinciais e multitude de concellos de Galicia que depositan a confianza dunha parte da súa oferta deportiva na Federación Galega de Atletismo.
Desexou moita suerte a todos os asambleístas aos que lembrou que …por poñer un simil formades parte do parlamento do atletismo de Galicia no que o valor da verba, as propostas formuladas e os acordos adoptados adquiren a máxima relevancia e transcendencia para o futuro do atletismo galego e español. Tamén expresoulles que dende hoxe, e durante os vindeiros catro anos, formades parte dos órganos de Goberno da Federación Galega de Atletismo.
 
Plan Estratéxico do Atletismo Galego 2014-2018
Durante a súa intervención, o presidente electo se comprometeu públicamente a presentar a debate a todo o atletismo galego no vindeiro mes de outubro, como paso previo a súa análise por parte dos órganos de goberno da FGA, o Plan Estratéxico do Atletismo de Galicia 2014-2018. Xustificou a medida pola necesidade de diagnosticar a situación de partida ao principio de cada lexislatura, pero sobre todo polos cambios que se están producindo no contexto socio deportivo, os efectos económicos da crise, o fenómeno das carreiras populares, a aparición de novos valores con gran proxección de futuro no atletismo galego, xunto a outras variables, obríganos a analizar con gran detalle este novo escenario.
 
O importante compromiso contraído permitirá establecer as liñas estratéxicas; obxectivos; toma de decisións e medidas concretas de actuación nos vindeiros catro anos
 
Hornillos, Resaltou que as obrigas como Xunta de Goberno da Federación Galega de Atletismo son as de optimizar ao máximo as función propias da FGA como as función públicas Delegadas pola Comunidade Autónoma, reflexadas na Lei 3/2012 do Deporte de Galicia  e nos estatutos federativos.
Nembargantes, tamén expresou que pedirnos resultados da nosa xestión, fóra deste marco legal de actuación e cuxas responsabilidades recaen en outras entidades públicas con competencias en materia deportiva como son os Concellos,  Deputacións ou mesmo a Secretaría Xeral para o Deporte, representa un pobre exercicio de demagoxia e populismo trasnochado que denota un profundo descoñecemento de quen a formula sobre a labor e función dunha federación deportiva autonómica ou mesmo estatal.
 
Elección dos  membros da Comisión Delegada do Atletismo Gallego 2014-2018
Durante a sesión da Asemblea Extraordinaria tamén se elixiron aos membros que integrarán a Comisión Delegada da FGA e que foron os seguintes: Ría Ferrol, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, ADAS, Comesaña Sporting Club, Riazor Coruña e Lucus  (Clubes), Martín Brea e Eladio Gómez (Atletas), Ángel Fidalgo (Adestradores) e Carmela Torres (Xuíces). Noraboa para todos eles.
No transcurso da Asemblea Extraordinaria celebrada onte na sede da Secretaría Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia (Santiago de Compostela), Isidoro Hornillos foi proclamado novamente Presidente da Federación Galega de Atletismo durante o período 2014-2018.

O ex atleta olímpico, que tampouco nesta ocasión tivo rivais que lle disputasen a presidencia, indicou na súa intervención que asume o cargo conhumildade, responsabilidade e máximo compromiso.  Xustificou a súa candidatura indicando que como dirixente deportivo atópome no mellor da miña vida e sinto, modestamente, que teño capacidade e experiencia para seguir prestando servizos ao atletismo galego.

Noticias Web FGA .- Curso de Adestrador de Club de Atletismo

 
 
01/08/2014 . Curso de Adestrador de Club de Atletismo
Nos vindeiros días publicarase o listado de persoas admitidas no Curso de Adestrador de Club de Atletismo. Lembramos a todos os interesados que non se esquezan de enviar por correo ordinario os documentos solicitados á maior brevidade.

 

Noticias Web FGA .- Campeonato de España Absoluto: Gran campeonato dos atletas galegos con 9 medallas (1 oro, 6 platas, 2 bronces)

 
 
27/07/2014 . Campeonato de España Absoluto:Gran campeoanto dos atletas galegos con 9 medallas (1 oro, 6 platas,2 bronce)
Ultima Hora: Se esta disputando na localidade madrileña de Alcobendas, o campionato de España Absoluto ao aire libre, cun total de 43 atletas galegos. 
Manuel Uriz, logra a primeira medalla da expedición galega, na proba de xavalina cun mellor lanzamento de 69,17, sendo terceiro Borja Barbeito, cuarto Jose M. Vila e séptimo Raimundo Fernandez 
Na xornada de tarde, catro novas medallas foron as conseguidas polos nosos atletas, Frank Casañas, fíxose co ouro en disco con 61,15;logrando medallas de prata, Belen Toimil, Lidia Parada, en peso e xavalina respectivamente e Jean Marie Okutu en lonxitude, onde se tivo que esperar ata o último salto para definir o campión, pois Caceres tivo que lograr 8,08 para desbancar a Okutu que ata ese momento estaba en primeira posición con 7,99 metros
Matinal domingo 
Soamente celebrouse a final de 10000 metros marcha, coa presenza de Fran Duran, que cruzou a linea de meta en sexta posición cunha marca de 43.12.54. 
Mauro Triana, tomou parta nas semifinais, facendo un cuarto posto con 21.81, o que deixa fóra da final ao junior do Coruña Comarca. 
Tamén tomou parte da semifinais de 110 valados, Miguel Pérez, non logrando meterse na final ao facer un rexistro de 14.77 
Continua en competición Santi Ferrer en decathlon, ocupando a oitava praza, a falta da pertega, xavalina e 1500 .
Xornada Tarde 
Unha nova medalla de prata a cargo do vigues do Maratón Isaac Vicente, que lanzou o artefcto a 70,07 metros, o que vén demostrar no bo estado de forma que se atopa neste final de tempada, onde a semana pasada en Portugal lanzou 70,77 mellorando a mellor marca galega Tambien participaron no concurso Pablo Denis con 62,08 sexta posición e Carlos Revuelta con 53,59 ocupo a praza doceava 
Nos 400 valados, interviñeron Carlos Moro (7º) con 53.13 e Claudia Rojo (8ª) con 1.01.91. Presenza de Lidia Casal na final de 200 onde logra a septima posición cun rexistro de 25.28, superior ao realizado pola mañá de 24.74 en semifinais realizando a súa MMT
En saltos, Saleta Fernandez, repetiu marca do nacional xuvenil con 1,70 ocupando o posto 10 e Sergio Telleria, en pertega non puido repetir os 5 metros realizados en Vigo saltando 4,75 e decimo lugar
O medio fondo deunos a primeira medalla de carreiras a cargo de Solange Pereira na proba de 1500 con un rexistro de 4.21.29 e moi merecida medalla de prata para Solange que ve primada a súa gran tempada, tambén bo campionato de Leticia Fernandez, terminando na oitava praza con 4.27.76 e cos seus 4.23.84 de semifinais logra MMP
Medalla de bronce a cargo de Mercedes de Santalo en disco cun lanzamento de 50,71 e septima posición para Belen Toimil con 46,44
Desde a FGA queremos felicitar a tod@s os atletas que tomaron parte no absoluto polo gran campionato realizado, felicitación que facemos extensible a tod@s os clubs, adestradores e atletas das distintas categorias pola gran tempada realizada ! enhorabuena¡
Resultados     -    Actuaccion Galega

 

Noticias Web FGA .- Amplia representación galega no 95º Campionato de España Absoluto

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Amplia representación galega no 95º Campeonato de España Absoluto

Un total de 43 atletas compoñen a representación galega na edición número 95 do Campionato de España Absoluto que se disputará por segundo ano consecutivo na localidade madrileña de Alcobendas. Nas mulleres será a proba de marcha a que conta con un maior número de atletas galegas xa que estarán na liña de saída Eva Mª Iglesias (SGP), Mar Chillón (Vila de Cangas), Lorena Luaces (At. San Sebastián) e Samantha Mulloni (RIA). Lidia Casal (RIA) estará nos 200, Begoña Garrido (Valencia Terra i Mar), Candela Rivas (RIA) e Paula Iglesias (Riazor) nos 400 (tamén inscrita nos 400valados), Jenny Fernández (Atlética Val Miñor) nos 800, Solange Pereira (Bikila) unha das grandes favoritas a loitar polo título xunto con Leticia Fernández (RIA) nos 1500, Esther Navarrete (Atletismo Femenino Celta) nos 5000, Teresa Rodríguez (Valladolid) e Enma Valencia (Atletismo Femenino Celta) nos 100valados, Claudia Rojo (RIA) nos 400valados, Saleta Fernández (RIA) na altura, Beatriz Viteri (Atletismo Femenino Celta) na pértega e Leticia Gil (ADAS) na lonxitude e as lanzadoras Belén Toimil (Playas de Castellón) no peso e disco, Mercedes de Santaló (Playas de Castellón) no disco e Lidia Parada (Barbanza) na xavalina completan a representación femenina. Nos homes é a xavalina a que conta con unha maior participación galega, un total de 4, encabezada polo favorito ó título Borja Barbeito (Playas de Castellón) acompañado por José Manuel Vila (Playas de Castellón), Manuel Uriz (Huracán Fent Cami) e Raimundo Fernández (UBU-Caja de Burgos). As outras opcións de título pasan por Frank Casañas (Playas de Castellón) en disco donde tamén estará Victor Gallego (SGP). No martelo opción tamén para Isaac Vicente (A.D. Maratón), nun gran estado de forma despois de bater tan só hai uns día o seu propio record, o seu compañeiro de club Pablo Denis e Carlos Revuelta (Huracán Fent Camí). Polas medallas tamén estará loitando Jean Marie Okutu (Barcelona) na lonxitude. Estarán tamén os velocistas do Coruña Comarca Denis Galán nos 100, Mauro Triana e Sergio Rodríguez nos 200 así como Carlos Porto (R.C. Celta) nos 1500, Alejandro Fernández (New Balance) nos 5000, medallista na pasado edición, Miguel Pérez (Lucus) nos 110, Carlos Moro (Riazor) nos 400 valados, Gonzalo Basconcelos (R.C. Celta) nos obstáculos, Alfonso Palomanes (Barcelona) no triple, Sergio Telleria (R.C. Celta) na pértega,Fran Durán (Simply-Scorpio) na marcha e Santi Ferrer (SGP) no decatlón. Moita sorte a tod@s.

 

Noticias Web FGA .- GRAN ÉXITO DO ATLETISMO GALEGO: 11 MEDALLAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL

 
 
21/07/2014 . GRAN ÉXITO DO ATLETISMO GALEGO: 11 MEDALLAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL

Gran éxito dos xuvenís galegos no Campionato de España Xuvenil, celebrado este fin de semana en Valladolid. 
Un total de 11 medallas foi o botin dos nosos xuvenís (4 ouros, 3 pratas e 4 bronces) 
Medallas de oro: 
* Uxia Pérez Bugarin TUI 3000 10.08.13 
* Angela Gonzalez Fernandez CSC 800 2.10.15 
* Claudia Rojo Cazorla RIA 400 v. 1.01.04 (R,Cto.) 
* Saleta Fernandez Lopez RIA Altura 1,70 
Medallas de Plata 
* Miguel Gonzalez Carballada LUCUS 3000 8.47.92 
* Daniel Chamosa Dacasa CSC 10000 Marcha 45.29.76 
* Ana Garcia Arias ADAS 2000 Obs. 7.07.55 
Medallas de Bronce
* Alfonso Perez Davila SGP 400 48.99 
* Paula Iglesias Garnelo RZC 400 56.86 
* Carmen Fuentes Castro CSC 5000 Marcha 25.10.42 
* RIAZOR CORUÑA RZC 4X100 44.74 

Separadamente das medallas, melloráronse tres mellores marcas galegas nas probas de 100 metros a cargo de Francisco Rodriguez Bugallo (RZC), Alfonso Pérez (SGP) nos 400 e Ana Garcia Arias (ADAS) en 2000 obstaculos 

Desde a FGA felicitamos a todos os medallistas, asi como a todos os atletas galegos que interviñeron polo gran campionato realizado ¡ enhorabuena!    Actuaccion Gallega
Foto:gentileza Flor Currás

 

Noticias Web FGA .- Campionato de España Xuvenil: Claudia Rojo, Angela Fernández, oros, Daniel Chamosa, Ana García, Miguel González, pratas e Carmen Fuentes, Paula Garmelo, Alfonso Pérez e Riazor Coruña, bronces

 
 
20/07/2014 . Campionato España Xuvenil: Claudia Rojo, Angela Fernandez, oros , Daniel Chamosa,Ana Garcia, Miguel Gonzalez,pratas e Carmen Fuentes,Paula Garnelo e Alfonso Perez, Riazor Coruña, bronces
Ultima Hora: A xornada matinal dominical, non puido comezar mellor, xa que Daniel Chamosa(CSC) logra a medalla de prata cun rexistro de 45.29.76, na mesma proba interveu Emilio Novas (CSC) que non acabo a proba por descalificación. 
A marcha galega goza de moi boa saúde, asi demóstrano os marchadores en todas as competicións que participan, e nova medalla foi a conseguida por Carmen Fuentes (CSC) facendo un crono de 25.10.42, que a sobe ao podium pola medalla de bronce, Carmen Escariz, cruzo a meta en novena posición cun rexistro de 26.54.55, sendo descalificada Maria Abeledo (Narón)
A gran favorita Claudia Rojo  (RIA), fíxose coa medalla de ouro nos 400 valas cun registo de 1.01.05. Esta medalla vén premiar a gran tempada realizada pola xove atleta do Ria
A Ultíma proba da matinal con presenza galega foi a final de 200 onde Laura Chapela (AFC) ocupo a septima praza cun rexistro de 25.41 
Gran campionato o que vén realizando os nosos xovenes atletas cun balance de 5 medallas (3 ouros, 1 prata e  1 bronce) e unha mellor marca galega a falta da xornada de tarde
 Xornada de Tarde 
A xornada comeza como a mañá, con dúas nova medalla de bronce para a expedición galega cargo de Paula Garnelo nos 400 metros cun rexistro de 56.86 E Alfonso Pérez (SGP) con 48.99. 
Continuamos coas boas noticias, nos 800 mulleres, unha nova campioa sumar ao gran campionato que veñen realizando os nosos xuvenís e Angela Fernandez (CSC) súmase ao mais alto do podium cunha gran marca de 2.10.15, sendo Laura Santos (ADB) septima con 2.24.20.
Medalla e mellor marca galega de 2000 Obst., a cargo da Ana Arias (ADAS) que se fai coa prata e rebaixa a súa propia mellor marca galega de 7.19.57, dejandola en 7.07.55  
Cuartos posto para Ivo Maseda (ADAS) en 1500 con 4.01.92 e Adrian Ben (Lucus) en 2000 Obs. Con 6.08.70 
Como colofón da gran actuación galega, Miguel Gonzalez (LUCUS logra a medalla de prata cun rexistro 8.47.92,  o relevos do Riazor Coruña (FranRodriguez,Javier Garcia,Diego Canosa, e Gabriel Rodriguez) lograron o bronce con unha marca de 44.74
Desde a FGA felicitamos a todos os atletas galegos polo seu extraordinario campionato Enhorabuena    Resultados

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA