Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

A localidade gaditana de Jerez de la Frontera alberga este fin de semana a gran cita nacional en categoría sub18

"IX Gran Premio Diputación de Castellón"

"VII Memorial Internacional José Antonio Cansino"

Castellón

Xoves 16 de xuño de 2022

Na tarde de hoxe estase a celebrar en Castellón o "IX Gran Premio Diputación de Castellón" e "VII Memorial Internacional José Antonio Cansino" onde estarán presentes na proba de 800ml as nosas atletas Marta Pla Botella e Ona Alonso Camps.

"Campeonato de España sub18 al aire libre"

Jérez de la Frontera

18/19 de xuño de 2022

Esta fin de semana celébrase o "Campeonato de España sub18" na localidade gaditana de Jerez de la Frontera onde estarán presentes Ricardo Negrete Barrioluengo na proba de 1500ml, Alicia Barreiro López en 400ml e Carolina Santos Villalón tamén nos 1500ml.

A competición se poderá seguir en directo a través de la plataforma LaLiga.

"6ª - 7ª Xornada Coruña Corre en Pista 2022"

A Coruña

Sábado 18 de xuño de 2022

O sábado disputaráse en A Coruña a 6ª e 7ª Xornada Coruña Corre en Pista onde contaremos cunha amplia representación. 

Na proba de 400ml estará presente Adrián Rivadulla Alonso. En 100mv e 200ml correrá Antía Martínez Queimaño, que estará acompañada nos 200ml por María Blanco Méndez. Na proba de 300ml tomarán a saída Noa Grandal Pérez e Aldara Ruiz Martínez. 

Asimesmo, no foso de lonxitude estará competindo Diaou Diallo Chao. En martillo (3kg) competirán Marta Gómez Pico e Adriana Suárez López e, por último, Laura Rico Bouza estará presente no lanzamento de xavelina de 600 e 500gr.

"5ª Reunió de velocitat Ciutat de Gavà"

Gavà (Barcelona)

Sábado 18 de xuño de 2022

Na xornada vespertina do sábado terá lugar a "5ª Reunió de Velocitat Ciutat de Gavà" onde na proba de 800ml estará presente Ona Alonso Camps.

"Meeting Braga 2022"

Braga (Portugal)

Sábado 18 de xuño de 2022

O sábado en xornada vespertina a localidade portuguesa de Braga albergará o "Meeting Braga 2022" onde participará a nosa atleta Lia Caride Arufe na proba de 400 metros valos.

"Meeting Internacional Ciudad de Albacete"

Albacete

Sábado 18 de xuño de 2022

Albacete celebrará o seu "Meeting Internacional" na xornada vespertina do sábado onde están inscritas as nosas atletas Celia Muñoz de Morales Castro na proba de 100ml e Ona Alonso Camps nos 800ml.

¡Moita sorte a tod@s!