Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 22/02/2015 . Elhissouf Abdelmajid e Raquel Suarez vencedores no VII Medio Maratón A Coruña21

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Elhissouf Abdelmajid e Raquel Suarez vencedores no VII Medio Maratón A Coruña21

Expectación no VII Medio Maratón Coruña 21 con un novo trazado polas rúas herculinas a unha única volta, excepcional a participación con mais de 2000 atletas e con nomes importantes principalmente entre os participantes masculinos. Como novedade a disputa simultánea da proba de medio maratón con vehiculo adaptado que serían os primeiros en tomar a saída ubicada o igual que a meta na zona do Parrote.  Entre os atletas galegos destacar a Alejandro Fernández que tras a sua lesión demostrou en Friol no Campeonato de Galicia de Cross encontrarse totalmente recuperado e Manuel Penas como declararía en dias previos co obxetivo do Maratón e tras uhna breve pausa por lesión presentabase na liña de saída para comprobar a sua evolución e acumular adestramento. Desde o primeiro kilometro os favoritos tomaron a cabeza destacando a Robert Wambua atleta keniata con unha marca acreditada de 1.03.19, Alejandro Fernández do Club 3&run by Pedro Nimo Club de Corredores que o ano pasado fora quinto con 1.04.46, o marroquí Elhissouf Abdelmajid con 1.02.47 e o ugandés Dikson Huru con 1.02.05 especialista también en probas de campo a través. Nese grupo deixabase ver tamén Hassam Lekhili por detrás Manuel Penas do New Balance Team, Cesar Ramiro Saracho atleta promesa de Triathlon Arteixo e outros atletas galegos que marcaban un ritmo de inicio de 3.15. En mulleres Raquel Suarez do Club Ria Ferrol quen o ano pasado corria en 1.22.44 en Coruña con outro trazado e en esta ocasión desde o inicio pusoxe en cabeza da proba femenina pasando xa con ventaxa con respecto a Elena Ferreiro, Ana Belén Losada e María del Carmen Penas. A cabeza de carrera non variaria ata o final, por detrás van subindo posicións Javi Paredes e Carlos Villamor. O circuito permitía uns últimos kilómetros favorables baixando desde a zona da Torre de Hercules ata o Castillo de San Antón en donde o público esperaba a chegada dos atletas na zona do Parrote. A victoria final sería para o atleta marroquí Elhissouf Adelmaid con 1.04.37 e en mulleres para Raquel Suarez que melloraba o seu rexistro terminando en 1.20.59. Completaron o podium en homes Alex Fernández con 1.04. 57 e Robert Wanbua con 1.05.32 e en mullleres Elena Ferreiro e Ana Belén Losada con 1.24.48 e 1.27.22 , respectivamente. En resumo a cita con o medio maratón en Coruña continua ganando adeptos ano tras ano proba de elo foron os mais de 2200 corredores que cruzaron a liña de meta.    FOTOS         Resutados

EG