Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 14/03/2015 . Campionato de España Xuvenil: Miguel Gonzalez, Campeon en 3000 e dous novos record galegos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
14/03/2015 . Campionato de España Xuvenil: Miguel Gonzalez, Campeon en 3000 e dous novos record galegos

Miguel González novo Campión de España de 3000 metros categoría xuvenil, o atleta do Lucus vencía nos 3000 metros cun sensacional rexistro de 8.33.70 moi preto da súa mellor marca persoal. Destacamos o novo record galego de pista cuberta conseguido por Miriam Otero del Afflelou Narón nos 200 metros lisos cunha marca de 25.60, o anterior record posuíao dende o ano 2013 Laura Chapela con 25.85. Miriam tras esa eliminatoría corría a semifinal en 25.88 entrando na final que se disputará mañá. Angel Vargas nos 400 m.l novo record galego con 50.98 o atleta da Sociedade Ximnástica quítalle así o record ao seu compañeiro de equipo Alfonso Pérez Davila que o posuía dende o 02/03/2012 con 51.52. Pùesto de finalista con marca da tempada da lanzadora de peso do Afflelou Narón María Rodriguez que foi oitava con 11.78. 
Nos 400 metros pasa á final Paula Iglesias del Riazor Coruña con 58.70, os outros cuatrocentistas Alberto López del Marineda Atlético 52.09 marca persoal, Inés Oitaven del Riazor Coruña 1.01.07, Judit Fabregas del Ria Ferrol 1.00.08 e Noa Rouco del Atletismo Vila de Cangas 1.01.90. 
Nos 800 metros femininos Laura Santos de la Atletica Barzanza e Elba Vélez de la Atlética Lucense preto das súas marcas persoais non lograron entrar na final. 
Nos 1500 metros pase á final de Adrián Ben colocándose entre os favoritos para optar a medalla e as rapazas do 1500 Ana García do A.D.A.S e Claudia Blanco de Atletismo Noia lograron o pase quedando en semifinais Iria Causín de la Atlética Lucense e Luía Suarez del Atletismo Noia. 
Sergio García en pértega 3.61 e Estela Fernández acudía cunha mellor marca en 60 valos de 9.51 lograda en Oviedo hai unha semana e conseguindo nesta ocasión 9.50.Actuaccion Gallega