Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 29/03/2015 . A selección galega xuvenil masculina subcampeona de España de Campo a Través

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
A selección galega xuvenil masculina subcampeona de España de Campo a Través

Boa actuación dos atletas galegos no Campeonato de España de Campo a Través Cadete e Xuvenil por Autonomías que se celebrou esta mañá en Guadalajara. A millor actuación veu da man dos xuvenis, unha xeración que xa nos ten afeitos ás medallas nos campeonatos nacionais, sendo segundos grazas ó segundo posto de Adrián Ben, o terceiro de Miguel González. o quinto de Tariku Novales e Pablo Monteagudo no 38º. Completou o equipo Yeray Gómez no 70. Na mesma categoría as mulleres foron quintas con Iria Causain (10º), Ana García (21º), Claudia Blanco (23º), Lucía Suárez (33º), Elba Vélez (41) e Aída Martínez (81º). As cadetes foron sextas por autonomías con Sara López nunha excelente posición (8ª), Lucía López (25ª), Elena Costas (39ª), María Carballido (45ª), María Pérez (49ª) e Arantxa Pérez (81ª). Finalmente, os homes cadetes acadaron a décimo primeira posición con Pedro Osorio (26º), Adrián Lage (43º), Diego ALonso (49º), Ermias Fernández (78º), Carlos López (86º) e Adrián Martínez (89º). Actuaccion Galega

MG (fotos: Felipe Barata)