Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

PRENSA: VOLTAARÍA.COM / Jueves, 23 Abril 2015 .- O galego de atletismo será en A Malata

 
 
 

O galego de atletismo será en A Malata

O Concello de Ferrol patrocina este evento organizado pola Federación Galega de Atletismo e o Club Ría de Ferrol

Instante da presentación | Concello de FerrolA concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá o Campionato de Galicia de Clubs de Atletismo en pista ao aire libre, que se celebrará o vindeiro sábado día 25 nas pistas municipais de A Malata. O edil ferrolá estivo acompañada do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; da secretaria da Delegación de Atletismo de Ferrol, Eva Martínez; e do presidente do Club Ría de Ferrol, Marcelino Crespo.

Un total de dezaseis clubs galegos desputarán esta competición que se desenvolverá nas categorías feminina e masculina. O Campionato Galego de Clubs en pista ao aire libre contará con importantes atletas entre os que destacan Lidia Casal, Claudia Rojo, Candela Rivas, Mario Triana, Miguel González ou a olímpica Eva Arias. Esta proba é preparatoria para a liga nacional. Este evento deportivo organizado pola Federación Galega de Atletismo o polo Club de Atletismo “Ría de Ferrol” conta co patrocinio do Concello de Ferrol.