Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 26/04/2015 . A FGA asina a cesión dunha pista cuberta desmontable para os vindeiros 20 anos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
26/04/2015 . A FGA asina a cesión dunha pista cuberta desmontable para os vindeiros 20 anos

O atletismo galego contará cunha pista cuberta a partir do próximo mes de novembro. Isidoro Hornillos, o presidente da Federación Galega, pechou onte ao cesión por un período de 20 anos, renovables dun modo automático cada cinco, da pista desmontable que estaba en posesión da Federación Catalá e que fora estreada con motivo do mundial baixo teito do Palau Sant Jordi en 1995. A próxima semana coñecerase cal será a localidade que albergará a instalación, sendo Silleda e Vigo, por esta orde, as mellor situadas. Hornillos reuniuse na mañá de onte en Madrid co presidente do atletismo catalán, Joan Villuendas, para pechar un acordo que se viña fraguando dende hai tempo. De feito, o proxecto xa fora presentado por parte da federación galega a varias institucións. «Hoxe é un gran día para o atletismo galego e unha das maiores satisfaccións que tiven como dirixente deportivo», comentou Fogóns, considerando que grazas á colaboración do atletismo catalán se puidera culminar «unha histórica reivindicación» do atletismo galego. A pista que terá o seu punto de destino en Galicia ten unha corda de 200 metros, seis rúas e oito na parte central. A idea da federación é que non se desmonte dun modo total despois de cada campionato, senón que se busque un punto de encontro para que o recinto que o albergue sexa aproveitado para outros mesteres, pero que tamén poida servir de lugar de adestramento para paliar o déficit de pista cuberta en Galicia. Prevese a que o longo do 2016 se poida celebrar algún campionato estatal na nova instalación. Falta agora por saber cal será o destino da pista. Silleda parece o candidato número un pola dispoñibilidade dun pavillón dentro do seu recinto feiral, mentres que a segunda alternativa é o Ifevi vigués, aínda que en contra da alternativa sureña xoga a desidia do goberno municipal. (La Voz de Galicia)