Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 18/05/2015 . AVA e Millaraio en cadetes e Vila de Cangas e SGP vencedores no Campionato de Galicia Cadete e Junior por clubes

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
AVA e Millaraio en cadetes e Vila de Cangas e SGP vencedores no Campionato de Galicia Cadete e Junior por clubes

As pistas de atletismo de Elviña na Coruña albergaron o Campionato de Galicia por equipos das categorías cadete e júniororganizado polos Clubs locais Club Marineda Atlético e Club Riazor Coruña. Os vencedores por equipos foron en categoria cadete feminina a Agrupación Viguesa de Atletismo e en categoría cadete masculina o Club Atletismo Millaraio completando o podium o Ría Ferrol e o Lucus en mulleres e o Marineda e Ría Ferrol en homes. En canto aos juniors vencerían en mulleres o Atletismo Vila de Cangas e en homes a Sociedade Ximnástica de Pontevedra sendo segundos e terceiros o Comesaña e Riazor en mulleres e o Lucus e R.C.Celta en homes. Salientar os rexistros de Adrián Ben do Lucus nos 2000 obstáculos con 5.54.50 mínima para o Campeonato do Mundo Xuvenil,  Anxo Blanco do Coruña Comarca en triple salto con 14.75, Carmela Cardama e Angela González do Comesaña con 4.34.06 e 2.12.24 en 1500 e 800,  e os dobles vencedores das suas probas Dario Costas en 110 valados e altura, Martín Liste no peso e disco e Miriam Otero en 100 e 200 metros .En cadetes protagonismo de Claudia Torres vencedora nos 100 con 12.56 e en 300 con 41.36. Salientar, tamén, o rexistro de 5.09 de Olaia Becerril (AVA) na lonxitude.