Concentración de relevos cadete |
O responsable de velocidade José Carlos tuñas, convocou para unha sesión de adestramento conxunto ós atletas que formarán parte dos relevos 4x100 e 4x300 no Campionato de España Cadete por federacións que se celebrará o vindeiro fin de semana en Alcobendas. A xornada realizada nas pistas da Universidade de Santiago permitiu ver o bo ambiente e a capacidade de traballo de tódolos participantes. |