Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 04/07/2015 . Representación galega no Campeonato de España Junior

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Representación galega no Campeonato de España Junior

Amplia representación galega no Campeonato de España Junior que se celebrará en Valladolid o vindeiro fin de semana. Salientar alguns dos atletas con mais proxección do atletismo nacional como Carmela Cardama (Comesaña) nos 3000, Uxía Pérez (Playas de Castellón) inscrita nos 1500 e 3000, Angela González (Comesaña) nos 800, Claudia Rojo (Ría Ferrol) nos 400valados, Saleta Fernández (FCB), Patricia Carballo (Coruña Comarca) nos 100 e Iria Forján (Atlética Barbanza) na lonxitude como as mulleres con mais opcións de subir o podium. En homes Martin Liste (Atlética A Silva) en disco, Dario Costas (SGP) no decatlón, Daniel Chamosa (Comesaña) na marcha, Adrián Lago (Comesaña),Jorge Puig (SGP) e Ivo Maseda (Lugo Running) nos 1500 ou Anxo Blanco (Coruña Comarca) no triple e lonxitude parecen a priori os homes con mais opcións de subir o podium. Completan a participación femenina Laura Chapela (Atletismo Femenino Celta) nos 200, Eugenia Gil (Marineda) nos 400 nun gran estado de forma, Laura Méndez (Val Miñor) nos 1500, Iria López (Coruña Comarca) nos 100valados, Sara Pino (Lucus) na altura, Raquel Villa (Vila de Cangas) no peso, Andrea Novoa (Atletismo Femenino Celta) no heptalón e as marchadoras Mar Chillón (Vila de Cangas), Esmeralda Corredoira (Vila de Cangas), Carmen Fuentes (Comesaña) e Débora Pato. En homes os velocistas do Riazor Javier García e Fran Rodríguez nos 100, Nacho Rivas (C.A. Santiago) no 100 e 200, Jon Alfonso no 100 (SGP), Alfonso Pérez (SGP) nos 400, Miguel Otero (R.C. Celta), José González, José María Díaz os dous do Lugo Running, Ero Doce (Ría Ferrol) e Fernando Vales (C.A. Santiago) nos 800, Iván Manso (Lugo Running) nos 3000 obstáculos, Vicente Suárez (Comesaña) nos 5000, Brais Parga (Lucus) e Xosé Manuel Fernández (R.C. Celta) nos 400v, Iago Nuñez (Lucus) nos100v, Fernando Rábade (R. C. Celta) na lonxitude, Sergio Paredes (ADAS) no martelo, Iago Pazos (C. A. Narón) e Francisco Michinel (Coruña Comarca) na xavalina, Pablo Castro (Vila de Cangas) no disco e Marcos Cintrón (Lugo Running) na marcha completan a participación masculina.

Actuaccion Galega 1ª Xornada