Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 18/07/2015 . Campionato de Galicia: Riazor Coruña, record galego absoluto de 4x100 e Lidia Parada record sub'23 na xavelina

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego

 Campionato de Galicia: Riazor Coruña, record galego absoluto de 4x100 e Lidia Parada record sub´23 na xavelina

As Pistas Josefina Salgado de Ourense albergaron o Campionato de Galicia Absoluto con algo de vento pero boa temperatura e cos nosos mellores atletas en competición salvo Denis Galán y Ana Peleteiro por lesión. A protagonista do Campionato foi Lidia Parada ao bater de novo o record galego promesa de lanzamento de xavelina con 56.27, o anterior record era 55.12 feito por ela en Tarragona en xuño, recien chegada de Tallín onde foi sexta no Europeo Sub 23 a atleta da Atlética Barbanza continúa coa súa excepcional progresión, Belén Toimil en peso lograba un novo título de campioa galega cun bo rexistro de 15.97 e en disco con 44.51. En salto de lonxitude Jean Marie Okutu volveu demostrar que está nun grande estado de forma co seu primer salto que foi de  7.99 con +2.1 de vento o que augura un bo fin de tempada preto do seu record de 8.01. Nas probas de velocidade dominio do atleta do Coruña Comarca Mauro Triana vencedor en 100 e 200 con 10.91 e 21.61 prexudicado polo vento, Eugenia Gil nos 100 metros e Lidia Casal do Ria Ferrol nos 200 con 25.38 subiron o mais alto do podium. O equipo do Riazor Coruña vén de completar unha excepcional semana batendo nesta ocasión o record galego absoluto de 4 x 100 con 41.43, os integrantes deste foron Javier García, Francisco Rodriguez, Carlos Moro e Enrique Prego. A proba feminina dos 400 foi sen dúbida a máis esperada da tarde e non defraudou, a vencedora foi Candela Diaz con 55.22, segunda Paula Ferreiros do Lucus con 55.90 e terceira Eugenia Gil do Marineda con 56.35. Nos 400 masculinos marcas persoais para Javier Regueiro do Santa Uxia Atletismo con 49.51 e Angel Vargas da SGP con 49.69. No medio fondo Jorge Puig demostrou a súa calidade e a súa lectura das carreiras en 800 e 1500 vencendo nas dúas probas cun final sensacional, Solange Pereira carreira en solitario nos 1500 con 4.16.43 seguida de Leticia Fernández do Ria Ferrol con 4.21.95, nos saltos David Barreira con 2.05 proclamábase Campión Galego mentres que Saleta Fernández volvía estar a un gran nivel con 1.72, Santiago Ferrer en pértega 4.72, Isaac Vicente martelo con 68.39, José Alfonso Palomanes con 15.76 en triplo, Angela González nunha carreira en solitario nos 800 metros con 2.10.50, Manuel Hurtado nos 5000 con 14.59.31, Claudia Rojo con 1.01.98 e Teresa Rodriguez con 14.68 en 100 valos foron outros dos protagonistas do Campionato de Galicia 2015.