Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 20/08/2015 . A FGA organizará dous Cursos de Monitor Nacional de Atletismo en A Coruña e Pontevedra

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
20/08/2015 . A FGA organizará dous Cursos de Monitor Nacional de Atletismo en A Coruña e Pontevedra

Xa está aberto  o prazo de inscripción para participar nas dúas accións formativas que organizará a FGA nos vindeiros meses. Trátase do Curso de Monitor Nacional de Atletismo, autorizado pola RFEA e que terá lugar en dúas sedes este ano. Os interesados poderán escoller a cidade da Coruña ou Pontevedra para facelo. O prazo de inscrición remata o día 2 de outubro e haberá un total de 30 prazas asignadas por riguroso orde de inscrición.

O horario do curso será venres pola tarde e sábado  mañá e tarde, ao longo de 8 fins de semana.   Inscríbete aquí

 Curso de Adestrador Nacional de Atletismo

Por outra parte, a FGA xa vai iniciar nestes días os trámites para organizar en Galicia no verán 2016 o Curso de Adestrador Nacional de Atletismo e convertirse así nunha das poucas comunidades que oferta este curso, que sen dúbica algunha cubrirá unha importante demanda existente.