Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 16/09/2015 . Campionato de Galicia de Medio Maratón

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia de Medio Maratón

O Concello de Petin albergará o vindeiro domingo 20 de setembro o Campionato de Galicia junior, promesa, absoluto e veterano de media maratón conxuntamente coa VI Media Maratón Vila de Petin. A proba dará comezo ás 11 da mañá con saída na Praza de Petín e transcorre polos Concellos de Petin, A Rua e Villamartin de Valdeorras. A organización lembra a obrigatoriedade de pasar por cámara de chamadas e que o tempo máximo queda fixado en 2 horas 50 minutos. Circuíto esixente e cunha ampla participación de atletas veteranos destacando na categoria feminina atletas do Comesaña como Soledad Castro e Iria Fernández.