Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 07/10/2015 . IX Carreira Popular Coruña 10

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
IX Carreira Popular Coruña 10

Sensacional o nivel de atletas que se reunirán o domingo na proba de Coruña 10 que chega á súa novena edición. Nun circuíto novo nas inmediaciones do Palacio dos Deportes de Riazor e o Paseo Maritimo veremos de novo enfrontarse como en tempadas anteriores a parte dos mellores fondistas galegos, en mulleres destacamos a Solange Pereira campioa de España de 1500 metros, Paula Mayobre gañadora nas últimas probas en ruta que disputou, Yolanda Gutierrez inmersa na preparación do maratón, Leticia Fernández, María Jesús Gestido, Sandra Mosquera e a atleta internacional do New Balance Paula Gonzalez; en homes ao marroquí Addelmounin Harroufi súmanselle  Alejandro Fernández, Carlos Villamor, Manuel Hurtado, Robertas Geralavicius, Hassan Lekhili ou Akka Essaadaoui. Ás 10.30 darase a saída á proba absoluta na Avenida da Habana e posteriormente realizaranse as carreiras dos menores desde a categoría benxamin a xuvenil