Probas en ruta y cross del fin de semana |
Fin de semana con probas destacadas en ruta, na XX Media Maratón de Pontevedra impuxéronse Manuel Hurtado do New Balance con 1.08.02 e Leticia Fernández do Ria Ferrol con 1.20.15, en Finisterre nos 10 km da II Carreira Popular Concello de Finisterre Rocio Alvite en mulleres e Cristian Muiño en homes foron os primeiros en cruzar a meta mentres que na proba de 5 km serían Paula Esteiro e Amador Pena. Outros nomes do fin semana serían Pedro Nimo que lograba a cuarta posición na IV Sanitas Marca Gijón con 31.23 nos 10 km e Alejandro Fernández na media maratón de Valencia na que lograba un tempo de 1.06.50. En Ames disputouse a XVI Carreira Popular Concello de Ares na que venceron a atleta do Ria Ferrol Raquel Suárez e Abdelkader Bouguerroudj, por último disputouse en Vigo o XX Cross Escolar A.D. Castro- San Miguel. |