Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 26/10/2015 . A Coruña acollerá o V Congreso Mundial do Deporte Escolar

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/10/2015 . A Coruña acollerá o V Congreso Mundial do Deporte Escolar
Entre os vindeiros días 5 e 7 de novembro terá lugar na Coruña un evento formativo de nivel internacional no ámbito do adestramento no deporte escolar. O congreso, que conta coa colaboración Deputación da Coruña, conta xa con máis de 200 persoas inscritas e está aberto á participación de todos os técnicos deportivos de Galicia, directivos e técnicos de clubs e asociacións deportivas así como profesores de Educación Física e estudantes de Ciencias do Deporte e Educación Física.  
 
O congreso contará cun total de 11 conferencias plenarias e 10 cursos/talleres impartidos por profesionais de recoñecido prestixio de España, Portugal, Romanía, Cuba e Brasil.
 
Presentaranse máis de 50 traballos de investigación e a todos os asistentes entregaráselles un diploma acreditativo da formación baremable para oposicións, ademais do cd de actas con toda a documentación do congreso e obsequios das empresas colaboradoras. 
 
No encontro abordaranse temas tan importantes como os valores olímpicos no deporte escolar, a nutrición deportiva, o adestramento en nenos e mozos deportistas, a programación do traballo de psicomotricidade, a selección de talentos deportivos,etc.  O prazo de inscrición está aberto ata o día 30 de outubro en www.sportis.es 

Dende a FGA convidamos a tódolos técnicos e adestradores a participar nestas xornadas formativas.