Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 29/12/2015 . Novidade: A FGA entregará a cada atleta federado dous dorsais para o seu uso nos Ctos. de Galicia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/12/2015 . Novidade: A FGA entregará a cada atleta federado dous dorsais para o seu uso nos Ctos. de Galicia

A FGA confeccionou dois dorsais personalizados para cada atleta con licencia por Galicia para a presente tempada. Cada atleta federado recibirá dous dorsais co seu nome, licencia, club e categoría. De esta forma o atleta terá que utilizalo en todos os Campionatos de Galicia, mantendo unha uniformidade dos mesmos.Con esta iniciativa a FGA da un paso mais para mellorar a xestión dos recursos da federación á vez que axilizará a xestión de inscricións e campionatos de Galicia, ao ter xa asignado de antemán cada atleta o seu dorsal. Os clubes deberán contactar cas respectivas delegacións a partir do día 4 para recoller os seus dorsais e garantir a súa entrega aos atletas. Máis información consultar a circular 75-2015.