Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 01/02/2016 . Actividade de Marcha o mércores 3 de Febreiro en Ferrol as 18 h. na Malata

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/02/2016 . Actividade de Marcha o mercores 3 de Febreiro en Ferrol as 18h na Malata

O vindeiro mércores 3 de Febreiro terá lugar en Ferrol unha xornada técnica por parte do responsable do sector e Director da Escola Galega de marcha xunto cos técnicos do Ría de Ferrol, Paulino Cartelle e Adán García Fábregas co grupo de atletas da zona a partir das 18:00h nas pistas de A Malata. Convídase ós clubs e adestradores da zona a participar. Esta xornada forma parte dunha serie de visitas programadas a todos os pequenos núcleos de marcha en Galicia, a poder ser antes do campeonato galego de marcha en ruta do vindeiro 13 de Febreiro.

Durante esta semana xa se visitou ao grupo de Jose A. Pardal de Pontevedra, aos marchadores de Santiago, así como ao Atletismo Barbanza con visita ao grupo de Marcos Carracedo e Pepe Moure. Tamén se supervisou o novo circuíto do campionato galego da Pobra xunto a eles e o homologador.

Para todos os clubs interesados neste tipo de actividade ou similares relativas a marcha e que non se puxo aínda en contacto o responsable do sector convosco, podedes poñervos en contacto a través da Federación Galega de Atletismo (secretariogeneralfga@gmail.com).