Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 01/03/2016 . Aviso sobre novo cambio lexislativo sobre o trato con menores

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/03/2016 . Aviso sobre novo cambio lexislativo sobre o trato con menores
Trala entrada en vigor da modificación da LO 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica ao menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Enxuiciamiento Civil, operada pola Lei 26/2015, de 18 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, todas as persoas que exerzan ou pretendan exercer profesións, oficios ou actividades que impliquen contacto habitual con menores terán a obriga de acreditar estar en disposición da certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais(ARTIGO PRIMEIRO. OITO. «5. Será requisito para o acceso e exercicio ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. Para tal efecto, quen pretenda o acceso a tales profesións, oficios ou actividades deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.»).