Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 02/03/2016 . Primeiro paso na colaboracion entre a Marcha Galega e a Facultade das Ciencias da actividade fisica e do Deporte de Pontevedra

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/03/2016 . Primeiro paso na colaboracion entre a Marcha Galega e a Facultade das Ciencias da actividade fisica e do Deporte de Pontevedra

O marchador pontevedrés Fran Durán, atleta do Fent Cami Mislata e formado por Jose A. Pardal, acudiu hoxe á facultade de Ciencias da actividade física e do Deporte de Pontevedra (Universidade de Vigo) xunto a Carlos Morales onde participaron  nunha investigación sobre medición de lactato en saliva en estado basal, parte do doutoramento do seu fisioterapeuta Hugo Ogando e baixo a supervisión do doutor Jose Luís García Soidán.

Ademais de colaborar coa mostra recibirá un informe antropométrico completo e outros datos de interese grazas á biompedancia. Este é un primeiro paso na colaboración e achegamento das ciencias do deporte aos atletas por parte do responsable do sector de marcha.