Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 07/04/2016 . Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1 Km

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
07/04/2016 . Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1Km

O vindeiro domingo 10 de Abril a localidade coruñesa de Sada acolle por segundo ano consecutivo  o Campionato de Galicia de Milla en Ruta e de 1Km.

O circuito está homologado pola FGA con saida e a meta estarán situadas na Casa da Cultura , Pintor Llorens. As probas darán comezo as 10h , e a entrega de premios as 13:30h.

Entre os atletas máis destacados encontrase Victor Rioboo, quen xa foi medallista nun Campionato de España da especialidade, Fernando Vales e Pedro Ossorio son outros dos candidatos nas súas respectivas categorias. En Mulleres as favoritas son, Eva Cid en categoria Promesa, Elba Velez en Xuvenil, Laura Santos en Xunior e Sandra Mosquera na categoria Absoluta.