Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 10/04/2016 . Resumo Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1 Km

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
10/04/2016 . Resumo Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1Km

Na maña de hoxe desputabase na localidade coruñesa de Sada o II Campionato de Galicia de Milla en Ruta. A pesar das inclemencias meteorolóxicas o tempo deu unha pequena tregua o longo da maña, para dar paso a unha  fantástica competición atlética en ruta.

Na categoría absoluta proclamarianse campions galegos Elba Velez da Atlética Lucense e Alverto Chaves do CA Santiago cunha dura batalla ata a liña de meta.En categoría Promesa Eva Cid, do Comesaña Sporting Club e Fernando Vales do CA Santiago subirían o máis alto do pódium. En categoría Xunior serian Laura Santos e Sergio González os gañadores. En xuvenis Elba Velez  da Atlética Lucense e Pedro Osorio do Ria Ferrol acadarían o metal douro. En  M/W 35 imporiase Karina Callon do Club Atletismo Sada e Óscar Paz de Atletas de Acea Da Ama, en M/W 40 Noelia Papin do Club Atletismo Sada e Diego Escribano do CA Santiago, en M/W Inés Papin do Club Atletismo Sada e Ramón Serantes do  3Run by PedroNimo en M/W 50 Marina Fernández do Atletismo Milladoiro e Jesús Rego do Atlética Lucense en W55 Pedro Delgado do Atletismo Milladoiro,en  M/W 60 Begoña De Arriba  do Egovarros Viveiro e Javier Toro do Verxel Nutrición, en M65 Antonio Hernández do Egovarros Viveiro e M70 Jose Rioseco do Egovarros Viveiro.

No Campionato de Galicia de 1 Km os  gañadores en categoría cadete foron Diego Martínez do Coruña Comarca e Lucia Lopez do Franciscanos de Lugo quen bsatiu o record galego ,en categoría infantil o triunfo seria para Daniel Mato do Franciscanos de Lugo e Lucia Portela do Atletismo Tui, en Alevin os vencedores serian ,Iván Rego do Atlética Lucense e Carolina Santos da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, quen acadaría o record galego da distancia  parando o crono en 3:22. En categoría benxamin proclamaronse campions da distancia Daniel Salgueiro do Coruña Comarca e Iria rodriguez, do Madeiras Barcia Lourenzá.

Pararelamente os Campionatos de Galicia  realizaouse  A  II Milla Popular de Sada.

Desexamos unha pronta melloria o atleta do Coruña Comarca, Ermias Fernández quen tivo que ser atendido polos servizos sanitarios o finalizar a proba.