Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 12/04/2016 . A Fundacion Deporte Galego convoca as Axudas Galicia-Rio 2016

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/04/2016 . A Fundacion Deporte Galego convoca as Axudas Galicia-Rio 2016

 

Esta primeira fase das axudas ten como beneficiarios/as aos/ás deportistas galegos/as que acaden a clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Río 2016 e está dotada inicialmente con 120.000 euros aínda que se prevé a posibilidade de ampliar o crédito en función dos deportistas clasificados.

A actuación enmárcase no habitual plan de axudas á preparación dos Deportistas Galegos de Alto Nivel e, nesta primeira fase, terá como beneficiarios/as aos/ás deportistas galegos/as que acaden a clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Río 2016

A segunda fase, que se convocará tamén neste exercicio 2016, estará destinada a todos/as os/as deportistas galegos/as de Alto Nivel recoñecidos como tal pola Secretaría Xeral para o Deporte que non se clasificaran para os XXOO/XXPP

En total, a Fundación destinará neste 2016 ás axudas a deportistas galegos de alto nivel 360.000 euros

 

Máis info