Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 16/08/2016 . Angeles Barreiro, a primeira olímpica coruñesa do atletismo galego

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
16/08/2016 . Angeles Barreiro, a primeira olímpica coruñesa do atletismo galego

Angeles Barreiro Rico (Boimorto, 1965) pasa por ser unha das primeiras atleta femininas en tomar parte nuns Xogos, asi como a pioneira en moitos aspectos do atletismo feminino.

Dende moi nova o seu adestrador Raimundo Fernéndez, vería naquela rapaza que se adestraba por Riazor, unhas condicións magníficas para as probas de lanzamentos  que a levarían a lanzar dende os 26.76 m do ano 1977 ata os seus 60.56 m. do ano 1994.

Entre o seu dilatadísimo palmarés compre salientar os seus trece títulos de campiona de España na proba de disco (dous na categoría junior) asi como os nada menos que dazaoito récords nacionáis na mesma proba. A maiores sería medallista nos Xogos Iberoamericanos nos anos 1983 (bronce) e 1990 (prata) acandando importantes trunfos nas súas trinta e seis internacionalidades.  Ao longo da súa vida deportiva, simultanearía tamén co concurso de peso, no que malia a non ser especialista, chegaría a lanzar 15.61 m.

No ano 1992 chegaría a xusta recompensa que a levarían a tomar parte nos Xogos Olímpicos de Barcelona nos que lanzaría ata os 53.14 m. 

Militaría nos clubes do Deportivo da Coruña, Real Club Celta, Universidade de Santiago, Universidade de Salamanca, Santiveri, Valencia Terra i Mar e Ria Ferrol cos que acadaría corenta e oito títulos de campiona galega en peso e disco. Da importancia do seu récord de España fala o feito de que estivera vixente ao longo de máis de vinte un anos.

Xogos Proba Marca Posto
Barcelona-92 Disco 53.14 25ºQ (12B)

Curriculum RFEA

Un espacio para la Historia: Angeles Barreiro (Emilio Navaza)