Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 17/10/2016 . Aberto xa o prazo de inscripción para a V Liga Escolar Abanca

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
17/10/2016 . Aberto xa o prazo de inscripción para a V Liga Escolar Abanca

A Federación Galega de Atletismo xa ten publicada a circular que regula as normas da V Liga Escolar Abancaaberta para as categorías benxamín, alevín e infantil e que desenvolverá a súa primeira fase o vindeiro dia 19 de novembro.

Nesta data existirá unha fase clasificatoria que se dará en cada unha nas catro provincias galegas das cales clasificarase o primeiro equipo de cada un dos encontros de maneira directa. O resto de formacións que accedan á ultima fase (cinco) sairá da clasificación por marcas, segundo especifican as normas.

A final desta V Liga Escolar Abanca, coma cada ano, será no Pazo dos Deportes de Riazor en data ainda por confirmar.

Con esta xa son cinco as edicións nas que se ven desenvolvendo este proiecto para as categorías base, contando cunha gran aceptación entre os distintos estamentos atléticos.

CIRCULAR Nº 67/2016