19/11/2016 . Notable éxito de participación na Fase clasificatoria da V Liga Escolar ABANCA | |||||||||
Esta sábado disputouse a primeira das fases que forman a V Liga Escolar Abanca e na que un total de 126 equipos das categorías benxamín, alevín e infantil tomaron parte na procura dun pase á final. Lembramos que foron as sedes de O Barco, Vigo e Ferrol as que acolleron esta xornada cun notable éxito de participación e cuios resultados, unha vez procesados, darán o nome dos equipos que disputarán a final no Pazo dos Deportes de Riazor en data ainda por confirmar. Con esta xa son cinco as edicións nas que se ven celebrando esta Liga para as categorías base, contando cunha gran aceptación entre os distintos estamentos e colectivos atléticos. O luns farase pública composición dos equipos clasificados para a fase final
|