Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 27/12/2016 . As probas San Silvestres inundan o calendario no fin de ano

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/12/2016 . As probas San Silvestres inundan o calendario no fin de ano

Son moitos os Concellos que van poñer peche a este fin de ano da maneira máis atleticamente posible ca organización de diversas probas San Silvestre nas que como é tradicioal  deporte, lecer, festa e moita diversión misturanse nun ambente propio destas datas

A nivel oficial existe unha ampla oferta de probas nas que nada menos que cinco son as que se desenvolverán pola nosa xorgrafía, sendo a primeira das mesmas a  IV San Silvestre Popular Concello de Fene o venres dia 30 e que principiará a partir das 17.30 horas diante da citada Casa do Concello

Un dia despóis, o 31 será o turno pàra as probas da San Silvestre Ourensá a partir das 16.30 no entorno do Parque Barbaña; a XII Carreira Fin de Ano Ares-Mugardo que terá saida as 11.00 da mañán na Avenida de Mugardos (Concello de Ares);  a VI San Silvestre Pontesa 2016 que enfonte ó Colexio  Alexandre Bóveda verá sair ás distintas categorías a partir das 17.00 horas. Pecha esta oferta o Concello de Santiago quen organiza a  San Silvestre Compostelana a partir das 18.00 horas na Praza do Obradoiro