Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 18/01/2017 . A gran cita da velocidade galega, esta fin de semana en Lugo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
18/01/2017 . A gran cita da velocidade galega, esta fin de semana en Lugo

O sábado as 16.30 horas terá lugar no módulo de atletismo de Lugo a gran cita da velocidade galega que contará ca presencia dalgúns dos millores especialistas galegos na loita polo título galego tanto dos dos 60 m.l. e 60 m.valados

Entre os inscritos sen lugar a dúbidas  a gran atración será a presenza do atleta olímpico de Marín nas filas do F.C.Barcelona Jean Marie Okutu que terá como obxectivo achegarse a súa millor marca que dende o ano 2014 ten con 6.91. e cuio récord galego lembramos que está en 6.82 dende o ano 2008 que posúe Pablo Comendador, que tamén tomará parte neste campionato.

Teresa Rodríguez Miguelez tanto nos lisos como nos valados e José Ignacio Tomás nos 60 valados ambos dos Riazor Coruña, a priori parten con certa ventaxa de cara ó título de campións galegos 

Existirá final A e B pasando as mesas os millores tempos das eliminatorias      

Circular

 

Relación de admitidos