Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 28/01/2017 . Turno para os cadetes co seu autonómico

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
28/01/2017 . Turno para os cadetes co seu autonómico

O Campionato de Galicia de Pista Cuberta para os atleta da categoría cadete terá nas instalacións do Pazo dos Deportes de Riazor a súa cita o vindeiro sábado 28 a partir dende as 11.00 horas ata a proximadamente as 19.45.

Neste campionato que tamén será Campionato de Galicia Xuvenil para as probas dos 1500 m. e dos 3000 m., agárdase unha ampla participación de atletas procedentes de tódalas delegacións e na que ademáis dun bo rexistro, unha boa posición ou un podium, está en xogo para moitos a posibilidade de acadar unhas das marcas mínimas cas que poder tomar parte no Campionato de España indoor da categoría que terá en Antequera o vindeiro dia 18 e 19 de Marzo a súa cita nacional.

Horario definitivo