Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 30/01/2017 . Alicia Merino e Santiago Ferrer domiñan as combinadas no galego

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
30/01/2017 . Alicia Merino e Santiago Ferrer domiñan as combinadas no galego

Como xa acontecera as pasadas fins de semana ca disputa dos distintos  Campionatos de Galicia de Probas Combinadas (clubs, veteranos, e cadete) o Módulo Cuberto de Lugo volvería ser esciario dunha proba destas caracteristicas para as categorías absoluto, xuvenil, junior,  promesa e veterán.

A nivel de resultados,  o título na categoría feminia correspondería aAlicia Merino do LUCUS Caixa Rural Galega que acadaría un total de 3110 puntos e que sucede no palmarés a Paula Garnero gañadora na tempada pasada. Nos homes o campionato iría a parar de novo ó claro domiñador da especialidade Santiago Ferrer da Gimnástica de Pontevedra con 4931 puntos.

No resto de categorías títulos autonómicos promesa para Adolfo Sáinz Maza do R.C.Celta con 4500 puntos e para Itsaso Fernández do A.F.Celta con 2099; na categoría junior Andrea González da S.Gimnástica con 2638 p. e  Abraham Rodríguez do Ourense Atletismo con 3816 p., na xuvenil Eva Queimaño do A.F.Celta con 3371 p. eAlvaro Larrañaga do Ria Ferrol-CCA  con 3842 puntos.

Por último no Campionato de veteranos, e só ca participación de atletas masculinos, os títulos autonómicos corresponderían para José Cabado (M-45) do C.A.Santiago con 2462 p. e a José Manuel Gonta (M-50) da Atlética A Silva con 2871 puntos.

Resultados Absoluto, Promesa, Junior e Xuvenil

Resultados veteranos