Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 27/02/2017 . Lista da Selección Galega para o nacional de Cross de Gijón

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/02/2017 . Lista da Selección Galega para o nacional de Cross de Gijón

A Directora Técnica da Federación Galega de Atletismo a proposta do responsable do sector, acaba de facer pública mediante circular a relación de atletas seleccioados para tomar parte no vindeiro Campionato de España de Campo a Través que se desenvolverá o vindeiro dia 12 de Marzo en Gijón.

O longo da súa historia esta prestixiosa compitición sería gañada por atletas galegos en 22 ocasións  sumando as tres categorías. Do mesmo modo e tamén sumando as edicións que se disputarían baixo formato territorial e provincial,  o número de títulos por autonomías para Galicia sería de vinte. 

A nivel referencial e de maneira indicutible Xulia Vaquero pasa por ser o máximo porta estandarte do noso atletismo neste esciario ó ter acadado nada menos que sete títulos nacionáis de maneira inenterrumpida dende os anos 1992 ata o ano 1998.

No que atinxe a lista circulada, destácase o potente equipo Junior masculino ca inclusión dos nosos internacionáis Adrián Ben, Miguel Gonzélez e Tariku Novales que aspiraran ó difícil reto de repetir o trunfo acadado o ano pasado.

No resto de categorías como cada ano, Galicia acude cun equipos moi compensados cos que intentará estar nos postos de cabeza.

Lembramos a obligatoriedade de confirmar a participación ou non antes das 20.00 horas do martes dia 3de marzo no seguinte correo  secretariogeneralfga@gmail.com