10/03/2017 . Turno para os xuveniles no seu nacional Indoor |
Esta fin de semana dispútase unha das últimas grandes citas do calendario de pista cuberta a nivel nacional, trátase do XLI Campionato de España Junior que terá por esciario as pistas catalanas de Sabadell. A ela cuden un total de 35 atletas galegos na procura dun bo papel e na que xunto a 595 atletas máis con mínima de participación, tentarán pechar esta etapa invernal cun bo sabor de boca. Por parte das galegas as bazas máis importantes serán as deOlaia Gisela Becerril do A.F.Celta quen no concurso de lonxitude, no que toma parte xunto ós 60 m.l., se atopa no ranking nacional no cuarto lugar con 5.69 m., asi como a temén celeste Eva Queimañoque logo de estrear recentemente internacionalidade aspira a unha medalla en combinadas grazas ós 3455 puntos que a sitúan na mesma maneira na cuarta posición do ranking. No resto de participación haberá que prestar principalmente atención as actuacións nos 800 m. de Elian Nuna do Coruña Comarca que con 1.56.76 sitúase no top10 dos millores do ano. Do mesmo xeito atópanse Pablo Piñon do Lugo R.C.R. Lourés en altura con 1.88 e Raquel Meaños da A.D. Mazí nos 800 m. con 2.17.85 |