Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 17/04/2017 . Supéranse as 7000 licenzas federadas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
17/04/2017 . Supéranse as 7000 licenzas federadas

De maneira incesante dende que dera comezo oficialmente a tempada, vense de producir un incremento importante no número de atletas que decidiron federarse nesta tempada e cuio número superaría xa a barreira dos 7000.

Con esta cifra vense de acadar un dos principáis obxectivos que a nivel de xestión federativa se establecese para este periodo, e cuia importancia se pon de manifesto nas distintas campañas que se están ultimando para lanzalas xa neste mesmo mes.

A campaña centrarase sobre un dos aspectos máis salientables que ofrece a ventaxa de estar federado como é a de contar cunha cobertura médicaque cubra as necesidades do atleta durante toda a tempada ante posibles lesións. Non esquecemos o aspecto económico, xa que esta opción ofrece un aforro moi importante ó permitir  participar de balde en todas aquelas probas que conten con rango de Campionato Galego tales como o Campionato de Milla en Ruta, o Campìonato dos 5 km,  o dos 10 km, o Campionato de Media Marathon e o da Marathon. De igual modo tamén permite tomar parte en todas as probas de pista (tanto cuberta como de aire libre) que as normativas lle permitan.